POLÍTICA
O PSdeG critica a rebaixa do imposto de patrimonio, que sinalan é "para os amigos"
24/set./22
O voceiro de sanidade no Parlamento destaca que o que necesita agora mesmo a Galiza son "políticas decididas en defensa dos sectores produtivos e dos servizos públicos" nos que se están vendo "constantes carencias", non só no ámbito sanitario, senón tamén na educación.