Inés Rei, alcaldesa da Coruña: "Que a Axencia de Intelixencia Artificial veña á Coruña é un éxito da sociedade galega"
Inés Rei García (A Coruña, 1982) defende con paixón o modelo de cidade que, reitera, foi posto en marcha neste mandato e no que a escolla da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia) é un paso máis. Ao tempo, insta a Xunta da Galiza a "cumprir" coa cidade.