Real Academia Galega

dicionario ciberataque
LINGUA

O Dicionario da Academia Galega pechou 2019 con máis de 70.000 buscas diarias de media

CULTURA

A Academia e Punto.Gal buscan os mellores microrrelatos

Terceira edición do singular concurso literario
Ricardo Carvalho Calero, retratado na madurez polo obxectivo de Moncho Rama.
CULTURA

A Real Academia Galega abre na súa web o ano de Ricardo Carvalho Calero

O portal da RAG dedica unha sección a lembrar o homenaxeado con novas, reportaxes, entrevistas e artigos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas 2020, que se publicarán ao longo dos vindeiros meses. 
María Rosa Lojo (wikipedia)
A Galiza na diáspora arxentina centra a súa obra

María Rosa Lojo foi nomeda membro de honra da Real Academia Galega

O pleno da Real Academia Galega nomeu María Rosa Lojo membro de honra o pasado sábado 21 de decembro.
Presentación da aplicación 'Galicia Nomeada'
Aplicación para móbiles

Toda a toponimia do país ao alcance das galegas

A riqueza toponímica da Galiza é agora máis accesíbel grazas a aplicación 'Galicia Nomeada', unha plataforma web pioneira que favorece a salvagarda, a compilación e a divulgación deste tesouro do país.
real academia galega
LINGUA

A RAG pide un modelo educativo que “garanta os dereitos dos galegofalantes”

A Real Academia Galega lembra que as recomendacións do informe do Consello de Europa “están na liña” das demandas expresadas pola institución.

[Imaxe: Moncho Rama] Carvalho Calero
CULTURA

Ferrol celebrará Carvalho Calero

A Real Academia Galega e o Concello de Ferrol preparan a celebración das Letras Galegas 2020 na cidade natal de Carvalho Calero.
20191130-libro-Anexos-BRAG-1
CULTURA

A RAG publica as cartas de Fernández Morales

O volume, que leva por título Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí, recolle a correspondencia do pioneiro do Rexurdimento. 
CULTURA

Toda a poesía de Rosalía de Castro

A Real Academia Galega (RAG) acolleu a presentación da edición especial Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos, que conta con ilustracións da artista Gosia Trebacz.
antonfraguas
CULTURA

Tres olladas á vida de Antonio Fraguas

A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas colaboran na organización dun simposio arredor de Antonio Fraguas, os días 26, 27 e 28 de novembro, que lle porá o peche á celebración do Día das Letras Galegas 2019.
benito soto imaxe cortesía Fundación C Casasbellas
CULTURA

70 anos de Benito Soto, a primeira colección en galego após o golpe de Estado

Pontevedra acolle un acto da RAG que recordará a aventura da colección. Familiares dos autores que formaron parte do seu catálogo e distintos creadores poranlles voz a poemas publicados polo selo. Ángeles Ruibal encargarase da interpretación musical.

"GALIZA TEN UNHA RIQUEZA SUPERIOR NESTE EIDO"

‘Toponimízate’ divulgará os nomes da Terra en 16 localidades galegas

A Real Academia Galega, en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordina unha iniciativa enmarcada dentro dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad para a elaboración da información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas.

antonfraguas
CULTURA

A Academia pecha o ano Fraguas cun simposio dedicado á súa figura

A Real Academia Galega pecha o ano Fraguas cun simposio dedicado ao etnógrafo que protagonizou o último Día das Letras Galegas. Entre o 26 e o 28 de novembro, máis de vinte especialistas afondarán na vida e na obra de Antonio Fraguas (Cotobade, 1905-Compostela, 1999). Contribúen á organización o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a fundación a nome do autor.
CULTURA

A Real Academia Galega ofrece na Rede 200 publicacións propias desde o ano 1906

O novo espazo web da Academia permite consultar todo o catálogo de monografías, composto por máis de 350 títulos, e descargar gratuitamente máis da metade. Sumase así ao portal das publicacións periódicas da RAG, tamén dispoñíbel na rede e que dá acceso aos 379 números do Boletín editados desde 1906, a Cadernos de lingua e La Tribuna, a revista de estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

 

ana boullón imaxe CRTVG
Ana Boullón

"Os nomes das rúas forman parte da nosa paisaxe lingüística"

Conversamos con Ana Boullón, responsábel da Sección de Onomástica do Instituto da Lingua Galega,  co gallo da IV Xornada de Onomástica, da que é coordinadora ao carón de Luz Méndez, que se realizará o vindeiro sábado, 19 de outubro, no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra. Organizada pola Real Academia Galega coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, a xornada contará con catorce especialistas que afondarán no sistema de conformación e na historia dos nomes de rúa na Galiza. "Pouco máis do 15% do total dos nomes de rúas son de mulleres e, desa porcentaxe, máis da metade son referencias a virxes ou santas".

RAG_resumen de historia de la literatura gallega-2
A Academia rescata o manual manuscrito de Alfredo de la Iglesia

1919: o primeiro 'libro de texto' sobre literatura galega

Entre os seus compañeiros de claustro no Instituto de Pontevedra estaban Castelao ou Losada Diéguez. E entre os seus alumnos, Antonio Fraguas ou Filgueira Valverde. Mais foi en 1919 Alfredo de la Iglesia (1861-1933) quen redactou o primeiro manual escolar de literatura galega do que hai noticia. O profesor Xesús Alonso Montero vén de rescatalo nunha edición facsímile publicada pola Real Academia Galega.

Luz Méndez, Víctor F. Freixanes e José Manuel Rey na presentación. Fonte Deputación de Pontevedra
LINGUA

Os nomes das rúas centran a IV Xornada de Onomástica Galega

A Real Academia Galega realizará o encontro o sábado 19 de outubro no Museo de Pontevedra.

[Imaxe: Dep. Ourense] Baltar, o pasado 20 de xullo, na XI Festa da Palabra.
POLÍTICA

Baltar reduce a un terzo a axuda da Deputación á RAG

O orzamento da entidade provincial ourensá rebaixa a 10.000 euros a achega para a Academia mentres subvenciona a Fundación Ínsua dos Poetas con 50.000 euros.
Quico Cadaval ´çe un dos invitados a Convergências Portugal-Galiza [Foto: RAG]
32 edición de “Galego sen fronteiras”

Quico Cadaval analiza a historia do teatro galego desde as Irmandades a hoxe

“As Irmandades da Fala tentaron ocupar todas as áreas do coñecemento, da arte e da comunicación en galego, e foi así como a lingua entrou no teatro burgués. Un caso moi significativo, pola grande aspiración que supuxo, foi a creación do poema épico O Mariscal”, explicou o dramaturgo Quico Cadaval no relatorio sobre a historia do teatro galego que impartiu nos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”que a RAG coorganiza.

cursos RAG
Aulas de lingua e cultura

Alumnado de máis de vinte países estudará galego nos cursos da Academia

De Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal ou Venezuela procede o alumnado que, desde esta terza feira 2 de xullo, aprenderá lingua e cultura galega nos cursos ofertados pola Real Academia Galega.