rural

O SLG concentrouse esta cuarta feira ante a porta do Pazo do Hórreo (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

O SLG exixe a Medio Rural o incremento dos fondos para axudar as explotacións ecolóxicas

Alerta polo "risco" de fechamentos de granxas.
O sector da distribución deberá rexistrar os contratos que subscriban co sector primario a través dun rexistro electrónico (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O sector agrario demanda marcar prezos mínimos para evitar contratos abusivos

O Executivo estatal vén de aprobar a obrigatoriedade de inscribir nun rexistro electrónico os contratos co sector primario. Porén, para o sector, esta medida non arranxa a principal problemática, pois sinala que non estabelece mecanismos para evitar prezos abusivos.
O despoboamento é un dos grandes desafíos da sociedade galega e debe ser afrontado con realismo. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

Nin lume nin fume

O arquitecto urbanista Iago Lestegás Tizón analiza para 'Nós Diario' o despoboamento na Galiza.
O pacto verde europeo exixe que 25% da terra agraria sexa explotada en ecolóxico en 2030 (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

85% das novas explotacións ecolóxicas quedan sen as axudas da Consellaría de Medio Rural

O sector gandeiro denuncia que, segundo a actual consignación da Xunta para axudas ás explotacións agrogandeiras ecolóxicas e de non haber unha rectificación, ficarán sen financiamento até 85% das que mudaron o seu modelo entre 2020 e 2021 e até 40% das que o manteñen desde antes dese momento. Unha situación que o sector denunciará a través dunha carta ao presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda.

Recuperar a ilusión

O tempo pandémico deixou tocadas moitas relacións sociais de diverso tipo. Malia a grande apertura que supuxo este verán de recuperación da vida en comunidade, é moita a xente que sinte que non se recuperou o anterior nivel de interacción social e está tristeira.

Con todo, e aínda pese á difícil situación internacional e á incerteza nas expectativas, hai momentos e espazos que fan respirar ilusión, que din que o futuro non está escrito e que non temos que resignarnos ao desastre. 

Ver as dependentas de tendas do grupo Inditex montar unha folga na Coruña en pleno Black Friday que non só non xera rexeitamento senón que recibe solidariedade masiva, é esperanza. E que fermosura de consignas e carteis: arte popular contra quen nos empobrece. Ver a casa da cultura de Vilardevós (o concello con menor renda per cápita de Ourense) a rebentar de xente de todas as idades e condicións para escoitar como unha moza, Tamara, presenta a súa candidatura ás eleccións nunha plataforma independente nun lugar onde só había PP e PSOE, é esperanza. Máxime cando se fala tan claramente dos problemas do interior, proclamando que non é que o rural debe ter futuro, senón que "o futuro pasa por un rural vivo".

Que ante un ataque machista orquestrado pola axenda político-mediática da ultradereita a Ministra de Igualdade reciba solidariedade de practicamente todo o arco político, é un avance. Non sucedía así cando as ministras do Goberno Zapatero sufrían similar acoso. 

Ás veces caemos na idea de que imos cara o retroceso social, mais, en conxunto, é obvio que avanzamos. Sen menosprezar os signos de alerta –avances da ultradereita entre a mocidade masculina, permeabilidade dos discursos xenófobos en certos contextos…– é notorio como se avanzou en igualdade cando visualizamos vídeos de TV sobre o que se opinaba hai trinta anos da violencia machista. Malia todo, malia o que queda por mudar e pelexar, a sociedade é mellor.

Tamén cómpre recuperar a ilusión para evitar a involución.

coren
SOCIAL

Activistas ecoloxistas denuncian a nocividade da gandaría industrial no rural da Galiza

Realizaron unha acción de protesta diante das instalacións de Coren no Porriño.

O economista Juan Carlos Pérez presenta Aldealista, "o Tinder" para atopar a aldea idónea para cada quen. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Juan Carlos Pérez (Aldealista): "O noso algoritmo busca unha aldea que namore de ti segundo os teus patróns de gustos"

Juan Carlos Pérez, economista, é un dos fundadores de Aldealista, unha aplicación que pretende unir vilas, aldeas e persoas, pondo en valor o rural co obxectivo de evitar a perda de poboación. 'Nós Diario' conversa con Pérez sobre o proceso de creación da plataforma e das iniciativas de apoio ao comercio local, xa que, como el di, "ninguén vai quedar nun lugar onde non ten traballo".
Degustación de mel na edición de 2018 da Feira do Mel de Montaña en Muras. (Foto: Concello de Muras)
SOCIAL

A Feira do Mel de Montaña en Muras busca recuperar a "normalidade": Cando potenciar o rural é o obxectivo principal

O evento cultural, gastronómico e social vai xa pola súa sétima edición.
Frades
ECONOMÍA

Frades contará cun museo da cultura e das tradicións

O Concello de Frades vén de arrancar os traballos para pór en marcha un museo da cultura e das tradicións. A base do mesmo é unha colección de apeiros de labranza recollidos polo municipio durante anos. O obxectivo da iniciativa é preservar a súa memoria.

Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense; Jacobo Sutil, director de Agadic (Xunta de Galicia); Óscar Penín, secretario da Rede Aldear e investigador do campus de Ourense, e Noemí Vázquez (socia da rede e xerente do espazo A Arca da Noe)
SOCIAL

O proxecto Aldearmos estrea o seu plan para dinamizar a cultura no interior

Vilar de Santos acolle mañá o inicio do programa

Escollas

As poucas explotacións que están a nome de mulleres habitúan ser medianas ou pequenas, polo que reciben menos subvencións. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

As mulleres cobran a metade de axudas da Política Agrícola Común que os homes

As galegas que viven no rural tardan máis en comezar a cotizar.
Retrato dun neno da aldea. (Foto: Jesús Faílde)
star
Reportaxes

Fotografía amadora. As imaxes que transcenden o tempo

Estes meses coincidiron no tempo dúas exposicións dedicadas a fotógrafos amadores galegos: Raniero Fernández e Jesús Faílde. Con traxectorias moi diferentes, coincidiron na súa paixón por deixar constancia para o futuro de personaxes e momentos chave no seu contexto xeográfico. Alén diso, souberon crear un arquivo propio que serviu para que chegasen a nós nas mellores condicións e puideran difundirse e estudarse. Porén, máis alá do apoio puntual de institucións como o Consello da Cultura Galega ou o Centro Galego de Arte Contemporánea, segue e haber voces que demandan a creación dunha entidade específica que garde e promova o tesouro fotográfico do país.
Os traballos de escavación sobre o terreo tiveron lugar do 1 ao 20 de agosto no lugar de Súa Casa, no lugar de Silvaescura. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Achan pistas da modernización do rural galego nunha aldea perdida de Forcarei

Un equipo do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, co apoio da Rede de Arqueoloxía desta entidade, desenvolve no lugar de Silvaescura (Forcarei) unha actuación pioneira que busca achegarse desde a arqueoloxía a un enclave rural habitado na Idade Moderna. 
Imaxe de arquivo dunha aula baleira. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As consecuencias do despoboamento: cinco concellos non teñen ningún estudante matriculado en Primaria

Aliás, até 19 municipios teñen menos de dez crianzas matriculadas en Educación Infantil; dous deles, Beariz e Negueira de Muñiz, cun só estudante.
#leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O prezo do leite producido na Galiza segue á cola do Estado: 44,7 céntimos por litro

Só no último ano perdéronse perto de 400 produtoras e produtores de leite.
No centro da foto, o escultor Francisco Remiseiro, un dos relatores do ‘Laboratorio da Paisaxe. Escenarios para a vida’.
SOCIAL

A arquitectura como axente para a protección do patrimonio galego

O concello de Barro vén de acoller a actividade ‘Laboratorio da Paisaxe. Escenarios para a vida’. Trátase dun proxecto de investigación, organizado pola Asociación Cultura Tirante e dirixido pola arquitecta Sheila García, no que converxen diferentes artes co obxectivo de afondar nas relacións co territorio e para darlles visibilidade ás problemáticas da Galiza Baleira e o despoboamento do rural.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asistiu á Festa dá Malla de Meira. (Foto: PSdeG).
POLÍTICA

González Formoso chama a facer "unha revolución tranquila no mundo rural"

O secretario xeral dos socialistas galegos alerta do abandono do rural por parte da Xunta da Galiza

Edición de 2021 da Feira Rural en San Sadurniño. (Foto: Concello de San Sadurniño)
SOCIAL

San Sadurniño convértese este sábado na referencia do rural galego

A XIII Feira Rural da vila decorrerá durante todo o día, con exposicións de agroalimentación, zapataría artesá, viveiros ou maquinaria, así como múltiples actividades paralelas.

Lumes