INTERNACIONAL
Yuri Carrazoni
25/feb./22 7:59
O Stockholm International Peace Research Institute calcula que no mundo hai actualmente máis de 13.000 armas nucleares, a meirande parte en posesión dos EUA e Rusia. 'Nós Diario' analiza co experto en política nuclear e xeoestratexia Daniel Rajmil, da Universitat Oberta de Catalunya, as probabilidades de que estoupase unha hipotética guerra nuclear e das súas consecuencias. Se ben a situación é hoxe "indubidabelmente mellor" que no momento máis crítico da Guerra Fría, Rajmil salienta que non se vivira algo igual "desde a crise dos misís de Cuba".