O Exército ucraíno e as forzas afíns aos gobernos de Donetsk e Lugansk acúsanse mutuamente de violar o cesamento da violencia reflectido no Acordo de Minsk.
O Kremlin promete unha "resposta proporcional" en Donetsk e Lugansk se o Exército ucraíno "invade" estas repúblicas autoproclamadas cuxa independencia pediu recoñecer a Duma estatal rusa.
Rusia nega unha invasión en Ucraína e pide aos EUA que presenten "probas", mentres a Duma estatal insta Putin a recoñecer a independencia das repúblicas de Donetsk e de Lugansk, no leste de Ucraína.
O embaixador de Ucraína en Londres retractouse das declaracións en que suxería que Kiev reconsideraría a intención de unirse a OTAN, aínda que insistiu en que se poderían ofrecer outras concesións co fin de rebaixar as tensións con Rusia.
A Casa Branca afirma que o Kremlin podería dar a orde de invadir o país veciño "calquera día desde o pasado domingo" e envía máis armamento ao Exército ucraíno. Aliás, Moscova denunciou esta fin de semana a presenza dun submarino estadounidense nas súas augas.
Rusia denuncia que un submarino nuclear da Armada dos Estados Unidos entrou nas súas augas territoriais, mentres que os estadounidenses negan as acusacións.
A Administración de Vladimir Putin sinala que os EUA nunca ofrecen probas da suposta preparación dunha invasión a Ucraína, creada por medio "dunha campaña de desinformación".
O Goberno dos EUA segue a visualizar un escenario bélico en Ucraína e afirma que Rusia ten xa "70% das tropas precisas" para invadir o país e que Kiev caia "en perto de 48 horas".
As tropas rusas despregadas en Belarús regresarán ás súas posicións após remataren as "manobras conxuntas" que están a realizar co exército do país veciño, segundo o Kremlin.
A OTAN prepara un novo envío de tropas á rexión e afirma que actuará "con firmeza" ante unha eventual invasión rusa, mentres os EUA ameazan con cortar o gasoduto que une Rusia e Alemaña.
A presidencia da Ucraína considera que as posibilidades de acadar unha "solución diplomática" con Rusia son "considerabelmente superiores" ás dunha "escalada militar". "Non confíen nas previsións apocalípticas", afirmou o ministro de Relacións Exteriores, Dmitro Kuleba
Rusia cualifica de "alarmista" o prognóstico de Washington: "E se dixésemos que EUA podería apoderarse de Londres nunha semana e causar 300.000 mortes de civís?".
O regulador de medios alemán, Medienanstalt Berlin-Brandenburg, ordenou a cancelación do sinal de RT en alemán no satélite de telecomunicacións europeo Eutelsat 9B.