Centos maniféstanse pola gratuidade da sanidade
Após os peches en San Caetano e dunha mobilización que congregou a centos de persoas en Compostela, o alcalde de Riotorto avanzou que a Iniciativa se reunirá coa Xunta a vindeira semana. Federico Gutiérrez sinalou que reclamarán á Xunta a derrogación do re-pagamento.
A Iniciativa Galega pola Sanidade sae á rúa para denunciar que "o copagamento mata"
O "copagamento mata" é o lema que encabezará a manifestación convocada pola Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade este domingo ás 12.00h na Alamenda de Compostela.
A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade pídelle ao PP que tome nota das mobilizacións
A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade estima en máis de cinco mil as persoas que participaron nas once concentracións diante de centros hospitalarios que se desenvolveron na sexta feira. Convoca á cidadanía a partillar da manifestación nacional do próximo día 17 de novembro e reclámalle ao PP que atenda a demanda cidadá.
Moi concorridas as concentracións da Iniciativa Galega pola Sanidade Pública
Algunhas pola mañá e outras á noitiña, as portas dos principais hospitais do país foron os lugares de concentración da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública. Milleiros de persoas participaron nestas mobilizacións para reclamar unha sanidade pública, universal e gratuita e mostrar o rexeitamento do repagamento dos medicamentos.
Esta sexta feira: vaga mobilizadora contra o copagamento, pola sanidade pública
Doce cidades e vilas galegas acollen nesta sexta concentracións contra o repagamento farmacolóxico convocadas pola Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade.
A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade pide un encontro con Feijóo
A través do alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa (BNG), a iniciativa social demandou unha xuntanza con Alberto Núñez Feijóo antes do 6 de novembro. Aliás, apelan á "humanidade" do presidente para o instaren a se opor á medida que, advirten, pode levar á morte a "compatriotas seus".
A Plataforma Sanidade da Mariña denuncia “persecución política” pola Subdelegación do Goberno
A Subdelegación mantén multas de 750 euros a participantes nunha concentración en Burela a prol da sanidade pública. A Plataforma anuncia a presentación de recursos de alzada.
150 colectivos botan a andar a 'Iniciativa galega pola gratuidade na sanidade'
Confirman as 14 concentracións que se realizarán o 8 de novembro diante doutros tantos hospitais do País e recalcan que a "batalla social" non vai parar até que a Xunta anuncie que non vai aplicar na Galiza a resolución que obriga a pagar polos fármacos.
35 millóns menos para a sanidade nos orzamentos da Xunta de 2014
Após coñecer as contas da consellaría que dirixe Rocío Mosquera, a deputada do BNG Montse Prado acusou o Goberno de Feijóo de deixar as persoas con menos recursos en mans "da beneficiencia".
A Xunta sobe os carburantes para soster a sanidade mais imporá o repago farmacéutico
Sobe os carburantes, gasolina e gasóleo, para soster o modelo de sanidade pública mais todo indica que conservará o repagamento farmacéutico que impón o PP desde Madrid. A Consellaría de Facenda da Xunta anunciou o incremento que reverterá nos orzamentos do ano próximo.
Sanidade confirma que o hospital de Conxo ''non estaba no plan de evacuación'' de Angrois
A preguntas da imprensa, a titular deste departamento, Rocío Mosquera, informou de que o centro público pertencente ao CHUS só foi utilizado para practicar autopsias e xustificou os translados á Rosaleda porque o policlínico privado dispón de servizo de urxencias. Quedan aínda 69 persoas ingresadas, 22 delas en estado crítico
O PSdeG-PSOE pide que a Xunta faga públicos os contratos de Sanidade con empresas de Dorado
O PSdeG solicitou amparo á presidencia da Cámara para que a Xunta explique cal é a razón pola que non se fan públicos os contratos desta consellaría coas empresas do narcotraficante arousán. @s socialistas urxen, máis unha vez, a comparecencia de Feijóo no Parlamento
A eterna espera da sanidade galega e a estafa das preferentes centran o nº51 do Sermos Galiza
A sanidade pública galega encamíñase cara á privatización e as listas de agarda son unha mostra desa deriva. @s profesionais sanitari@s alertan "hai quen tira proveito disto". Proveito, o da banca coas persoas estafadas pola fraude das preferentes e subordinadas. Un roubo de 500 millóns de euros
Facenda confirma que a actual ministra de Sanidade beneficiouse da trama Gürtel
a Axencia Tributaria afirma que Ana Mato viaxou de balde a Disneyland París e Dublín grazas a regalos do principal acusado na trama, Francisco Correa. AQliás, a Gürtel pagoulle catro festas familiares
A responsábel de Sanidade en CCOO Galicia, con Feijóo e Dorado no iate
María José Alende acompañaba ao daquela número 2 da Consellería de Sanidade e o contrabandista arousán no paseo pola Ría, segundo o xornal Público
A Xunta resístese a pór a disposición do Parlamento os contratos de Dorado co Sergas e Portos de Galiza
Após dez días de ter sido solicitada a documentación, a Xunta opta por unha comparecencia oral en troca de pór a disposición do Parlamento os contratos asinados polo Sergas e Portos de Galiza con empresas do narcotraficante Dorado
Passos Coelho rexeita demitir e anuncia novos cortes en ensino e sanidade
Cortes na despesa pública: seguridade social, educación e sanidade. Esas son as medidas anunciadas polo primeiro ministro portugués fronte á decisión do Tribunal Constitucional de ilegalizar catro dos artigos recollidos nos Orzamentos de Estado para 2013.
A oposición abandona a Comisión de Sanidade como mostra a rexeitamento ao proceder do PP
A tramitación do Plan de dinamización demográfica da Galiza "pola vía de urxencia" e sen o cumprimento "dos prazos" motivaron o abandono das representantes de BNG, AGE e PSdeG. As deputadas da oposición protestaron desta maneira contra "a anomalía" que supón o debate e aprobación do Plan proposto polo PP.
Pachi Vázquez (PSdeG): "Non son dúas persoas que van de paseo. Son un narco e o número dous da Consellaría de Sanidade"
O líder d@s socialistas galeg@s estima que Núñez Feijóo só quere "escapar á verdade" e enfatiza que o presidente terá que explicar "as viaxes a Andorra e Portugal".