O deterioro da sanidade pública, agravado no verán
Hai uns días denunciábase desde a CIG a situación que se está a vivir no Centro de Saúde de Carballo, coas ausencias de varios profesionais por baixas ou vacacións que non son substituídas, xerando unha sobresaturación de traballo para os profesionais que están traballando, molestias para os pacientes e listas de espera dunha semana e máis para acudir ao médico de cabeceira.