Sanidade

[Imaxe: Galipedia] Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
EMPRAZAN A FISCALíA A INVESTIGAR

Unha bacteria pon baixo sospeita o hospital de Vigo

Catro persoas permanecen en situación de illamento no novo hospital de Vigo pola suposta aparición dunha bacteria no propio centro sanitario. A bacteria é multirresistente a antibióticos e volveu espertar a alarma a respeito das deficiencias denunciadas no hospital.

Meixoeiro
SOCIAL

Máis de mil persoas abrazan o Meixoeiro contra a súa infrautilización

O Hospital Meixoeiro de Vigo acolleu este domingo un acto simbólico no que participaron máis de mil persoas para denunciar a infrautilización das súas instalacións, moitas das cales ficaron en desuso após a inauguración do novo hospital.

Sanidade
SOCIAL

Demandan en Compostela máis emprego no Sergas para garantir unha sanidade pública

Máis de mil persoas piden ao goberno galego nunha manifestación que cubra todas as prazas vacantes.

SOCIAL

Sanidade confirma un caso de Zika nunha grávida en Galiza

Eleva a 38 os casos diagnosticados no Estado español.

Concentración sanidade na Coruña
SOCIAL

Organizacións sindicais mobilízanse en defensa dos postos de traballo na sanidade

Concentracións nas áreas sanitarias exixiron a cobertura do 100% das vacantes no Sergas. 

Dúas historias de hospital

Sanidade pública
Só en papel

Sanidade pública, negocio privado

Galiza é o terceiro territorio do Estado con maior grao de privatización sanitaria.

Hospital Álvaro Cunqueiro, Vigo
SOCIAL

SOS Sanidade Pública culpa a concesionaria das deficiencias no servizo do novo hospital de Vigo

A asociación galega en defensa da sanidade pública responsabiliza a empresa concesionaria das “constantes incidencias e deficiencias” que teñen lugar no novo hospital de Vigo, entre os que salienta os problemas na UCI, a falta de camas e os recortes de persoal.

CHUAC
SOCIAL

Mulleres obrigadas a abortar soas pola falta de matronas en xinecoloxía do CHUAC

A Plataforma en defensa do dereito ao aborto e o COF denuncian que a Xerencia non garante unha atención acaída ás mulleres que abortan após 14 semanas de xestación através da indución do parto. 

POLÍTICA

O BNG urxe no Parlamento a tomar medidas perante os colapsos en Urxencias

Os nacionalistas presentan unha proposición non de lei para que a Consellería tomen medidas contra unha masificación do servizo que é efecto, din, das políticas do PP.

A Sanidade Pública moderna e a Santa Compaña

Lin hai unhas semanas con moito interese o artigo de Braulio Amaro en Sermos Galiza

Ramón Ares_Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
POLÍTICA

Sanidade defende a súa xestión dos tratamentos de hepatite C

Asegura que se aprobaron "sempre que as características clínicas do doente eran as acaídas", malia a denuncia da Fiscalía.

barcos cerco pesca
TAMéN HAI PROTESTO DA MESA EN CEE

O cerco e a sanidade pública saen á rúa en defensa dos seus dereitos

A frota do cerco maniféstase na mañá do domingo en Compostela para reclamar un reparto “xusto” e “lineal” das cotas. Ao mesmo tempo, mais en Vigo, terá lugar unha marcha a pé en defensa da sanidade pública.

Comedor escolar [Imaxe: SG]
SOCIAL

O BNG pide que Sanidade interveña nos comedores escolares

A deputada Carme Adán anunciou, en sede parlamentar o rexistro de diversas iniciativas demandando da consellería de Educación “explicacións”.

FOLGA ESTA TERZA FEIRA NA áREA DE VIGO

24 horas de greve contra a privatización da sanidade

A Xunta de persoal da área sanitaria de Vigo convoca a mobilización.

LOGO DO CASO DE ANDREA

O ministro de Sanidade considera “irresponsábel” abrir un debate sobre a morte digna

Logo do falecemento de Andrea, a nena de 12 atinxida por unha doenza terminal, Alfonso Alonso, ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, considera “irresponsábel” abrir un debate “oportunista” sobre unha lei de morte digna.

POLÍTICA

Sanidade incumpre o mandato parlamentar sobre endometriose

Case 6 meses despois da aprobación da moción, o goberno galego "non fixo nada", denuncian desde querENDO. 

Alberto Núñez Feijóo
REMODELACIóN SORPRESA DO GOBERNO, QUE PASA DE 8 A 10 CONSELLARíAS

Feijóo destitúe a conselleira de Sanidade e afasta Rosa Quintana de Medio Rural

Por sorpresa, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anuncia unha remodelación do goberno, que pasa de 8 a 10 consellarías, con dúas grandes mudanzas: a destitución da conselleira de Sanidade, Rosa Mosquera, e a retirada das competencias de Medio Rural á conselleira Rosa Quintana.

mosquera_capa
POLÍTICA

Sanidade alega que non se pode pedir a "eutanasia activa"

A conselleira, Rocío Mosquera, apoia a decisión do servizo de Pediatría do CHUS que rexeita efectivizar a demanda da familia de Andrea.

Helenagz
MARCHA XIGANTE, A MAIOR DE SEMPRE NA CIDADE COA DA GREVE XERAL DE 1984

Histórica manifestación pola xestión pública do Álvaro Cunqueiro

200.000 persoas, segundo a policía e a organización, clamaron pola demisión da conselleira, Rocío Mosquera. Unha manifestación xigante, histórica, a maior de sempre na cidade coa da folga xeral de 1984. Vídeo do 'Timelapse' no interior.