servizos

SERVIZOS SOCIAIS

Traballador@s dos centros de Benestar acusan a Xunta de ''querer destruír'' máis de 200 empregos

Encérranse en once puntos da provincia da Coruña en contra da tesourada practicada no Convenio laboral ''de maneira unilateral e ditatorial'', recortando nos tempos de descanso e penalizando economicamente a enfermidade. Preparan unha andaina do Gaiás a San Caetano e unha caravana reivindicativa que manterán até as vindeiras autonómicas
Deputación de Lugo
PÓDENSE PERDER 2.000 EMPREGOS E 3.000 PERSOAS QUEDAR SEN AXUDAS NO FOGAR

A Deputación de Lugo planta cara á Xunta polo recorte en servizos sociais

A Deputación de Lugo decidiu plantar cara aos recortes en Servizos Sociais da Xunta de Galiza e fai un requerimento sobre os cartos para Axudas no Fogar que por lei se teñen que computar nos orzamentos. Se non tiver respota recorrerá ao contencioso para evitar, segundo prevén, a perda de 2.000 postos de traballo e que 3.000 persoas fiquen sen Axudas no Fogar.
Imaxe da concentración diante do Parlamento galego contra a manipulación na CRTVG
SERVIZOS PÚBLICOS

Cen traballador@s da CRTVG exixen ''menos represión e máis información'' ao ente público

Concentráronse diante do Parlamento galego, cadrando coa comparecencia do director xeral da compañía, Sánchez Izquierdo, ante a Comisión de Control, onde responderá a dúas preguntas sobre a ocupación das instalacións de San Marcos polas afectadas e afectados na 'estafa das preferentes'
Reunión de alcaldes de Lugo
PROTESTAS POLOS RECORTES

Alcaldes de Lugo organízanse para reivindicar servizos sociais ante a Xunta

Rexedores de BNG, PSOE e independentes farán causa común contra a eliminación da atención ao fogar en todos os concellos menos a capital.