Sogama

sogama folga
POLÍTICA

A Xunta Electoral non autoriza a manifestación do persoal do transporte de Sogama

Malestar entre os traballadores e traballadoras, que consideran “fóra de lugar” a decisión e pregúntanse se tamén vai desautorizar a Festa do Champiñón que para esa xornada se celebra na vila onde ían mobilizarse, Ordes.

sogama cerceda
TRABALLO

Greve indefinida no transporte de residuos sólidos urbanos de Sogama

Transportes Pacholo despediu 8 traballadores no que o persoal considera que é unha represalia ás denuncias de acoso laboral

 

 

Camión descargando lixo no vertedoiro de Sogama directamente
Denuncia da Rede de Plataformas Medio ambientais

Sogama factura aos concellos adheridos 22 millóns de euros “de máis”

A incineración e depósito en vertedoiro continúa a ser o destino principal dos residuos que chegan á planta, denuncian desde a rede de plataforma ambientais da comarca de Ordes.

700_sogama-licita-por-un-importe-cercano-los-5-millones-de-euros-el-suministro-de-arena-para-el-correcto (2)
ANÁLISE

Sogama contamina e apenas recicla                                     

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, Sogama, defínese como unha empresa publica autonómica adscrita a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. En realidade é unha empresa mixta onde a participación da Xunta é do 51%  e o restante 49%  pertence a Naturgy, até hai poucos días coñecida como Gas Natural Fenosa Renovables.

sogama
SOCIAL

Sogama xera cada ano 42.000 toneladas de residuos perigosos

É, ademais, un dos principais focos de emisión de gases de efecto invernadoiro na Galiza, 1400 quilogramos de CO2 por tonelada de lixo. Sogama recicla apenas 3% dos residuos que recibe.

700_sogama-licita-por-un-importe-cercano-los-5-millones-de-euros-el-suministro-de-arena-para-el-correcto (2)
SOCIAL

Sogama, unha fábrica de cambio climático

 Adega afirma que Sogama aumenta a emisión de gases de invernadoiro embora tratar menos resíduos. 

Camión descargando lixo no vertedoiro de Sogama directamente
Denuncia de Adega

Os residuos de Sogama incumpren os límites legais de contaminantes

Residuos perigosos (cinzas), escouras, inertes, rexeites da planta, etc. que teñen como destino diversas ubicacións dentro e fóra do complexo de Cerceda e que “non son sequera aptos para ser depositados nun vertedoiro”.

adega
Comarcas

A oposición veciñal paraliza a construción dunha planta para residuos de Sogama

O rexeitamento parte da ameaza de contaminación que representaba para a gandeiría da zona.

Vertedoiro da Areosa_Sogama
SOCIAL

Sogama, unha planta de compostaxe que non é tal

Adega denuncia a "fraude" do proxecto de licitación valorado en perto de 4 millóns de euros porque, di, non producirá compost e "incumpre" a normativa.

POLÍTICA

O PP rexeita devolver o canon de Sogama cobrado aos concellos

Opúxose á iniciativa presentada polo BNG na que instaban ao re-embolso do gravame.

Bruxelas
POLÍTICA

Bruxelas admite a trámite a denuncia contra Sogama

A Comisión de peticións estudará, a instancias da Plataforma contra a incineración, a xestión de residuos practicada pola planta de Cerceda e a Xunta. A Comisión europea tamén abrirá unha investigación.

Compostaxe
SOCIAL

Varios concellos erguen o 3R fronte á incineración e o desbaldimento de Sogama

Diversos concellos do país pulan por un outro modelo de xestión dos residuos que vire as costas á incineración.

POLÍTICA

O presidente de Sogama demite após unha adxudicación ao bufete do que é socio

Luis Lamas asumiu a presidencia en 2009. Afirma que a adxudicación foi “un erro”.

Galiza

Guerra aberta entre a Xunta, Sogama e os concellos

Após o decreto aprobado polo goberno de Feijóo, co que se muda as condicións do contrato entre Sogama e os concellos, o BNG avanzou que recorrerá xudicialmente o proceder da Xunta. 

Alternativa Sogama
POLÍTICA

Concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal procurarán unha alternativa a Sogama

Así o acordaron os rexedores de Narón, San Sadurniño, As Pontes, Cariño, A Capela e Mugardos na xornada de traballo desenvolvida esta terza feira. 

sogama cerceda
POLÍTICA

San Sadurniño e Narón móvense na procura dunha alternativa a Sogama

Ambos os dous consistorios convidaron aos gobernos locais da contorna a estudaren un outro modelo de xestión de recursos que supere o que actualmente desenvolve Sogama e que tildan de "anticuado" e aliás, "caro". 

alcaldessogama
POLÍTICA

Concellos insumisos con Sogama devolven a primeira das facturas co novo prezo

Acompañan o recibo dun informe no que detallan as condicións contractuais asinadas coa empresa de Cerceda. Nos contratos en vigor especifícase que a suba do canon só se axustará ao incremento anual do IPC. 

sogama
POLÍTICA

Os concellos críticos con Sogama din que se abriu unha "fenda" entre eles e a Xunta

Após a xuntanza entre unha delegación municipal e o conselleiro de Medioambiente, Agustín Hernández, as alcaldías que rexeitan o incremento no canon de Sogama amósanse "decepcionados" coa actitude do goberno galego que rexeita asumir unha parte do novo prezo. 

sogama
POLÍTICA

Alcaldes contra a suba do canon de Sogama reuniranse coa Xunta a terza feira

Os representantes municipais do BNG, PSdeG-PSOE, CxG e Anova mantiveron un fechamento en San Caetano para forzaren unha reunión coa Xunta que terá lugar o 1 de abril ás 15.30h. 

reciclar
POLÍTICA

San Sadurniño debaterá o sábado sobre as alternativas a Sogama

O concello reunirá na Casa da Cultura diversas alternativas á incineración e avaliará as opcións de xestión de residuos que sexan "máis eficaces, máis sustentables e máis baratas".