teatro

A montaxe de Talía é excelente en dirección, en interpretación e en intención. (Foto: Rubén Prieto).
star
Escena

De que serve ter a razón se non tes o poder?

Marcos Ptt.
CULTURA

Marcos Ptt dirixirá a gala dos Premios María Casares

A entrega dos galardóns celebrarase o xoves 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e será retransmitida por streaming a través da canle de Youtube da AAAG.
Cloti Vaello.
CULTURA

A Asociación de Actores e Actrices concédelle o Premio de Honra Marisa Soto á xastra Cloti Vaello

Con este galardón recoñécese a longa traxectoria dunha costureira que traballou durante corenta anos no sector. Cloti Vaello, referente para o oficio teatreiro, iniciou a súa carreira co nacemento do teatro profesional na Galiza e vestiu a todas as xeracións de actores e actrices do país até a súa xubilación en 2016

'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. (Foto: Rubén Prieto).
star
CULTURA

A democracia fronte ás súas contradicións

Talía Teatro vén de estrear Unha inimiga do pobo, sobre o clásico de Ibsen, nunha montaxe dirixida por Tito Asorey que afonda nas contradicións das democracias liberais e do capitalismo que as sustenta, reflexionando sobre a desinformación, os riscos das maiorías absolutas, a crise ecolóxica ou a depredación neoliberal como factores que fan perigar a vida e as emocións da cidadanía. 
'Contos de William Shakespeare', da compañía Pedras de Cartón.
CULTURA

A cidade de Lugo acolle a XXIII Mostra de Teatro Clásico

Sófocles e Shakespeare, os autores máis representados.
Christina Rosenvinge protagoniza 'Safo'. (Foto: David Ruano)
CULTURA

Safo, unha estrela de rock chegada de Lesbos

O Auditorio de Galiza vén de mostrar a primeira obra de Marta Pazos despois da despedida de Voadora, a compañía que logrou converterse nun referente da vangarda escénica na Galiza e máis alá das súas fronteiras. Safo é un poema escénico con dirección musical de Christina Rosenvinge que fai unha relectura da poeta de Lesbos en clave feminina e feminista. 
 
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, da compañía A Panadaría, que aspira a nove galardóns. (Foto: A Panadería).
star
Reportaxes

Enterrando o papel de eternas secundarias

O papel das mulleres nas últimas décadas alcanzou un gran protagonismo na escena galega, ao incorporarse estas de maneira significativa a tarefas de dirección de compañías e institucións e ao deseño dos novos espectáculos. Con todo, perviven aínda estereotipos, ligados nomeadamente á imaxe física e á idade das actrices, que continúan a ofrecer das mulleres unha visión subordinada e pouco diversa e que as relegan con frecuencia a un plano secundario.
Unha escena de 'As que limpan', da Panadaría.
CULTURA

Un total de 15 espectáculos competirán como finalistas nos Premios de Teatro María Casares

Os espectáculos ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego (CDG), e ‘As que limpan’, de A Panadaría, acaparan nove finalistas cada un.
Tamara Canosa dirixirá 'Os actos e as profecías'. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Tamara Canosa: "O impacto que ten na rapazada o teatro é moito maior que nas xeracións anteriores"

Tamara Canosa, actriz, dirixe Soños -que se estrea o día 24 no Salón Teatro de Santiago de Compostela- coa intención de romper prexuízos sobre a mocidade que medra en vivendas tuteladas. Canosa aborda o poder de transformación social do teatro e o impacto que este ten no alumnado xa que, como ela di, “posúe este poder porque é moi experiencial”.
Roberto Leal, Rubén Porto, Mónica García, Machi Salgado, Guillermo Carbajo, Belén Constenla e Fran Lareu, o elenco de 'Hamelin'.
CULTURA

Dúas estreas de teatro abordan en Santiago as problemáticas dos menores

Redrum estrea 'Hamelin' e Artefeito, 'Soños', ambos espectáculos con foco na infancia.
O escritor Domingo Villar. (Foto: Pablo Vázquez)
CULTURA

Galaxia publicará este ano 'Síbaris', unha obra de teatro póstuma de Domingo Villar

Foi a única publicación que deixou escrita como dramaturgo.
O director teatral Gustavo del Río, autor de 'Mosca'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Gustavo del Río: "O teatro non queda só no día da función, pode utilizarse como ferramenta de cambio social"

Gustavo del Río, director teatral, é o autor de Mosca, a obra estreada no mes de xaneiro pola compañía Ártika. Del Río aborda os conflitos que poden xurdir arredor do acoso escolar, así como o papel que cumpre a ficción na abordaxe destas situacións porque, como el di, "o teatro non queda só no día da función".
'Amantis', dirixida por Tamara canos, estará no FIOT 2022.
Encabeza a lista de mellores iniciativas culturais da Galiza que anualmente elabora a Fundación Contemporánea

O FIOT, recoñecido como o mellor proxecto cultural da Galiza de 2022

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) foi distinguido polo ‘Observatorio da Cultura’ da Fundación Contemporánea como o mellor proxecto cultural galego de 2022. O FIOT recibiu, ademais, a distinción de ‘Insignia Cultural’ de honra da comunidade galega e sube nove postos respecto da clasificación do pasado ano.
Cecília Ferreira quere promover un maior diálogo entre Portugal e Galiza. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Cecília Ferreira: "É moi importante que se fagan eventos como este, que aproximen Galiza e Portugal"

Cecília Ferreira, dramaturga, vén de participar no proxecto Dramaturxias Itinerantes, que ten o obxectivo de promover o encontro de creadoras escénicas da Galiza e Portugal. Ferreira aborda a súa implicación nesta iniciativa así como aspectos desta xuntanza, xa que como ela di, "somos pobos con moitas máis cousas que nos unen das que nos separan".
Moncho Rodríguez.
CULTURA

Falece Moncho Rodríguez, pioneiro do teatro galego

Moncho Rodríguez, figura fundamental da historia do teatro galego contemporáneo, faleceu en San Salvador de Baía, no Brasil. Malia que desenvolveu a maior parte da súa traxectoria en Portugal, non se debe esquecer o seu papel en iniciativas que tiveron unha enorme importancia na profesionalización do teatro da Galiza. 

A actriz e pedagoga Ana Carreira (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Ana Carreira: "As nenas e nenos, se van ao teatro, queren divertirse, non só que lles deas unha lección"

Ana Carreira, actriz e pedagoga teatral, foi galardoada co Premio Manuel María de literatura dramática infantil pola súa obra Nin me amoles, onde mestura a presenza dalgunha criatura máxica co tratamento de temas fundamentais para a infancia. Carreira aborda temáticas como o acoso ou o feminismo, así como as características das obras dirixidas a crianzas, xa que como di ela, “se van ao teatro queren divertirse, non só que lles deas unha lección”. 
Os galardóns entregaranse o 27 de marzo na cidade da Coruña (Foto: AAAG).
CULTURA

36 espectáculos optan a facerse cos Premios de Teatro María Casares

A entrega dos premios decorrerá o 30 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Roberto Leal, Rubén Porto, Mónica García, Machi Salgado, Guillermo Carbajo, Belén Constenla e Fran Lareu, o elenco de 'Hamelin'.
Redrum Teatro estrea 'Hamelin'

As ameazas á infancia, no escenario

A obra, dirixida e adaptada por Alex Sampayo, está protagonizada por un elenco de sete intérpretes formado por Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Machi Salgado, Belén Constenla, Fran Lareu e Rubén Porto.

A directora de escena viguesa Marta Pazos. (Foto: Vanessa Rabade)
Raquel García-Tomás é a compositora da ópera

Marta Pazos estrea 'Alexina B.' no Gran Teatre do Liceu de Barcelona

A estrea de Alexina B. no Grande Escenario supón un fito para a historia do liceu: é a segunda ocasión que o teatro estrea unha ópera composta por unha muller nos seus 175 anos.
Elenco de 'Vox Pópuli'. (Foto: Malasombra)
CULTURA

A compañía teatral Malasombra leva o auxe da ultradereita aos escenarios

'Vox Populi', con texto de José Prieto, é a primeira ópera rock da Galiza.