turismo

Intre da mobilización onte en Sanxenxo. (Foto: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Sanxenxo)
SOCIAL

Sanidade ao límite en Sanxenxo: Sen reforzos e coa metade do horario para o turismo

Sanitarios protestan no centro de saúde de Baltar (Sanxenxo) para denunciar as condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo no verán, con oito médicas e médicos para atender a 80.000 persoas.
Iate na ría de Ares
SOCIAL

A 'galegofobia' vén de veraneo a Galiza

A galegofobia en determinados círculos vai camiño de ser un clásico do verán galego. A chegada do turismo español a Galiza adoita vir acompañado de ataques aos sinais de identidade do país por parte dalgúns deles, que aproveitan as redes sociais para atacar mesmo establecementos que usan o galego.
Rodas. Cíes
SOCIAL

Os portugueses elixen as súas 15 praias galegas favoritas. Concordas cos seus gustos?

Malia que a cidadanía do outro lado da 'raia' acostuma elixir os baños en Vigo, medios de viaxes fanlles recomendacións para animarse a coñecer o país máis polo miúdo. Queres saber se consideras os mesmos espazos os mellores da Galiza? Aquí tes as propostas.
Imaxe aérea de parte da explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo (Strategic Minerals Spain).
ECONOMÍA

A mina da Penouta podería reducir o valor turístico da Rede Natura 'Pena Trevinca'

A única mina europea da que se extrae o compoñente esencial para o coltán, mineral básico na fabricación de aparellos electrónicos como os ‘smartphone’, é a da Penaouta, en Viana do Bolo. Ecoloxistas en Acción denuncia o seu impacto ambiental pola contaminación de metais pesados e o freo económico que terá para a zona a nivel de turismo e promoción da gandería tradicional.   
Turistas amorean pedras na praia das Catedrais, en Ribadeo. (Foto: @tocamates) #ascatedrais #praia #praiaascatedrais #ribadeo #turismo #agresión #medioambiente #denuncia #espazonatural
SOCIAL

As 'modas' de certos visitantes á praia das Catedrais ameazan a súa conservación

Regresa a este espazo natural do concello de Ribadeo o costume de amorear pedras creando figuras. O Goberno local xa puxo en coñecemento da Xunta que moitas persoas están a realizar esta práctica prohibida.

Turistas e Covid, expediente X

Dúas peregrinas fotografándose á súa chegada a Compostela o pasado 26 de xuño (Foto: Arxina).
Só para persoas non residentes no país

A Xunta contrata unha empresa madrileña para dar un seguro 'todo incluído' a turistas

Todas as persoas de fóra da Galiza que este verán visiten o país contarán cun seguro de asistencia médica gratuíto que cubrirá calquera incidencia durante a súa viaxe, non só as derivadas da Covid-19. A Xunta adxudicou o contrato a unha aseguradora madrileña por 1,4 millóns de euros até febreiro de 2022, un período prorrogábel por outros nove meses, co que a contía ascendería a 2,5 millóns.
[Imaxe: O Salnés] Porto deportivo de Sanxenxo
LINGUA

A Mesa denuncia “uso exclusivo do castelán” nas redes sociais de Turismo Rías Baixas

Considera especialmente grave que a Deputación de Pontevedra xustifica que a eliminación da lingua propia de Galiza por "dirixirse a un público potencial de fóra da comunidade".
Primeira Xornada Viaxeira, en Mondoñedo, co canteiro Fernando Vilariño Punteiradas Viladepedra [Vicepresidencia da Deputación de Lugo].
Bota a andar "Lugo é artesanía", unha proposta de turismo experiencial

Lugo é artesanía: unha viaxe polas comarcas máis creativas

O Centro de artesanía e deseño (Centrad) de Lugo botou a andar un ambicioso programa que xunta "xornadas viaxeiras" e "artesanía". Dous eixos sobre os que xira un plan que ten como finalidade a promoción da artesanía como recurso cultural e como actividade económica “sostíbel, pegada á terra e xeradora de oportunidades". 
Turistas en Sanxenxo, a comezos de xuño (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta exclúe dos datos oficiais da Covid os novos contaxios e casos activos de turistas

Os municipios turísticos son os que máis están a padecer a crecente escalada da Covid-19, malia que nos rexistros oficiais da Xunta non figuran os contaxios de persoas non residentes na Galiza en cada municipio, polo que as cifras serían aínda maiores. Aliás, hoxe o Comité Clínico podería aumentar as restricións en numerosos concellos.

Enxeñaría contábel

A Praza Maior é un dos lugares máis característicos de Ourense (Foto: Turismo de Ourense).
SOCIAL

Cinco lugares únicos que visitar na Galiza no mes de xullo

Colles as vacacións e aínda non sabes que facer da túa vida? Ofrecémosche cinco opcións para as que non necesitarás saír fóra do país

Un peregrino nunha das etapas do Camiño. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #turismo #camiño #previsións #visitantes #covid19
ECONOMÍA

O sector turístico confía en fechar un verán con boas cifras e teme máis ao tempo que á Covid

O Clúster de Turismo afirma que hai máis preocupación pola meteoroloxía que polos efectos continuados da Covid-19, xa que os deberes para a seguridade do público están feitos. Ademais, destacan o importante papel que están a ter as galegas e galegos no mantemento dos negocios.

Un millón de euros

Unha pardela voa moi preto da auga. (Foto: Ramsés Pérez) #pardela #aves #estacadebares #turismo #ornitoloxía #adega #ramséspérez
star
SOCIAL

Fai turismo ornitolóxico este verán pola Galiza

A observación de aves centra cada vez o interese e atención de máis xente.
Compostela é a cidade galega máis solicitada nas plataformas (Arxina).
ECONOMÍA

As plataformas terán que notificar os pisos turísticos

A partir do 26 de xuño empresas como Airbnb e Vrbo terán que informar de maneira detallada a Facenda. 
A esquerda imaxe de Turismo da Galiza, a dereita follas de acivro. (Foto: Turismo da Galiza / jacilluch)
SOCIAL

Turismo da Galiza descoñece como é un acivro

Ducias de persoas cuestionaron o traballo de Turismo da Galiza, unha entidade pública dependente da Xunta, despois dunha publicación en redes sociais na que amosan o seu descoñecemento do acivro, confundíndoo co capudre.
Feixoo nun momento da presentación. (Foto: Xunta da Galiza) #feixoo #turismo #vacina #campaña #vacinación #reclamo #atracción #galiza #camiña #campañaturística #coronavirus #covid19
SOCIAL

Feixoo aposta no ofrecemento de vacinas ás turistas como "reclamo" para visitar Galiza

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que participou na presentación dunha campaña para atraer visitantes afirmou que Galiza está "preparada" para atender ás e aos viaxeiros. Ademais, recoñeceu que lle gustaría ter vacinas suficientes como para "poder ofrecelas" á xente que chegue ao país sen o tratamento posto.
A Casa do Morcego, unha morada de labranza construída en 1880 e restaurada para turismo rural, forma parte da asociación (Casa do Morcego).
ECONOMÍA

O turismo rural aposta pola sostibilidade e rexeita o alugueiro privado de vivendas

Crean a Asociación de Turismo Sostíbel da Galiza para velar polos intereses do sector. Denuncian a competencia do alugueiro particular de vivendas turísticas no rural e a falta de diálogo coa Xunta da Galiza. 

 

A investigadora e historiadora Mercedes Vázquez Bartomeu en Compostela (Nós Diario).
CULTURA

Mercedes Vázquez: "O que eran espazos ou momentos de vida comunitaria pasan a ser atraccións turísticas"

Mercedes Vázquez Bartomeu dedícase á investigación histórica aplicada a moi diversos aspectos, desde a tradicional reconstrución de feitos até a xenealoxía. En 2004 funda, xunto ás historiadoras María Pilar Rodríguez e Mar Llinares, a empresa "dehistoria". É especialista en proxectos nos que o coñecemento histórico se aplica ao desenvolvemento turístico e social de carácter local.