TVG

SOCIAL

A man do PP na TVG "afecta desde os informativos até os debuxos animados"

Falamos con Lola Ferreiro, voceira da plataforma en defensa da radio e da televisión pública galegas que se constituíu o ano pasado: Mira por Elas! 

SOCIAL

A TVG adoutrina contra o aborto e vincúlao co asasinato

A televisión pública non ten espazo nos seus informativos para dar conta dos protestos das mulleres galegas en prol dos seus dereitos. Porén, a nova que máis tempo ocupou no telexornal do día 16 foi o xuízo contra un médico abortista que tería matado sete naipelos nos EUA. A nova foi tirada da imprensa ultrarrelixiosa

Alonso Montero e Manuel González
Galiza

O debate da TVG deixa ver que Alonso Montero e Manuel González se afastan do consenso

Non haberá consenso, salvo surpresa de última hora. Esa é a conclusión básica que se tira do debate na TVG entre Alonso Montero e Manuel González. Ferrín, pola súa banda, en declaracións a Faro de Vigo, afirmou que a candidatura de Alonso Montero ten en mente a retirada do recurso contra o decreto do plurilingüismo.

TVG
SOCIAL

TVG informa de que o BNG "anda en tratos con Herri Batasuna", coalición que non existe desde 2001

A televisión nacional foi máis aló da pregunta de Feijóo no Parlamento sobre se cando "o nacionalismo galego" convidada esta formación da esquerda abertzale ao Día da Patria "sabía ou non da súa relación co terrorismo" e dá como actual unha relación entre o Bloque e HB, refundada hai doce anos en Batasuna e autodisolta en xaneiro deste ano

Eu non manipulo
Galiza

Un blog do comité de empresa denuncia as mentiras e manipulacións na TVG ao servizo do goberno do PP

O comité de empresa da TVG crea o blog 'Eu non manipulo', unha ferramenta que fai un seguimento diario dos noticiarios “para denunciar a manipulación informativa que sofre a canle pública”

Galiza

O director xeral da CRTVG xustifica a contratación de Isabel Pantoja, acusada de branqueo de capitais

Sánchez Izquierdo, director da CRTVG, defendeu a súa xestión e negou calquera manipulación informativa a preguntas do BNG e o PSdeG. Inquerido pola nacionalista Montse Prado, xustificou a contratación de Isabel Pantoja, acusada de branqueo de capitais

DEPORTES

100-0: resultado "anecdótico" para o primeiro encontro de rugby feminino que televisa a TVG

As galegas do Crat UdC impuxéronse perante as catalás Gotics R.C. no partido disputado este sábado na Coruña. A fin de semana que vén enfrontaranse coa súa besta negra, o Inef-Barcelona, contra quen se xogan a liga
TVG
POLÍTICA

A oposición denuncia a "manipulación" na TVG e o PP responde cun "e ti máis"

O BNG reclama unha comisión de investigacións a respecto das denuncias realizadas polo Comité de empresa. O PSdeG pide o cesamento da dirección de informativos.
SOCIAL

Traballador@s da TVG denuncian "presións" para "manipular" a información do caso Bárcenas

Quéixanse das "intervencións" sobre o seu labor profesional e reclaman un Estatuto Profesional que garanta "a calidade e a independencia" dos contidos emitidos pola televisión nacional galega
Galiza

Un erro da TVG vincula Stop-desafiuzamentos coa marcha vasca pol@s pres@s de ETA

As imaxes dunha acción desta plataforma cidadá en Compostela foron empregadas pola canle pública para informar dunha mobilización que se realizará o 12 de xaneiro en Bilbo e que si apoia o colectivo vasco Stop-desahucios. Activistas exixen unha rectificación desta peza, que se emitiu o 11 de decembro, e reclaman que se lle dedique a emendar o erro a mesma franxa horaria e o mesmo tempo no informativo. A TVG négase a rectificar
Xornal reivindicativo
POLÍTICA

A lexislatura pecha cunha CRTVG máis discutida que nunca

Após un ano daquela xornada histórica de folga na TVG contra a reforma da Lei de medios públicos de comunicación audiovisual, a televisión e radio públicas de Galiza seguen no punto de mira polo seu nesgo informativo e o control gobernamental.
Eleccions2012

A cobertura informativa da CRTVG recibe críticas da Mesa e o PSdeG por "manipuladora" e "gubernamental"

A Mesa anima á sociedade galega a enviar mails á CRTVG para protestar contra a manipulación informativa da cadea. Radio e televisión pública galega foron os únicos medios que censuraron o informe da Mesa sobre que só o 5% das escolas infantías nas cidades imparten o galego. O PSdeG presenta unha denuncia ante a Xunta Electoral contra o tratamento informativo da TVG.
Instalacións da CRTVG
MEDIOS PÚBLICOS

Sánchez Izquierdo manipula os datos da TVG para dicir que a oposición ten máis presenza que o PP

Bieito Lobeira solicita a dimisión do director xeral dos medios públicos por “non reunir as condicións democráticas necesarias” tras unha comisión que derivou en fortes leas.