universidade

8LaboratorioAgronomos2
TRABALLO

Investigadora denuncia a pasividade da USC perante un caso de acoso laboral

Unha técnica especialista en investigación da USC denunciou hai un ano un caso de acoso laboral na súa unidade de traballo. Embora contar cun informe do servizo de vixianza de saúde, que corrobora as súas denuncias, e levar de baixa un ano por accidente laboral, a Xerencia da Universidade de Santiago "continúa sen facer nada", denuncia a traballadora. 

.
CULTURA

Picaversos múdanse do pub á Universidade

Poesía ao vivo en espazos públicos, ao abeiro da noite e no encontro das distintas artes. Esa é a filosofía do ciclo poético coordinado por Olalla Cociña e Branca Novoneyra que, de maneira excepcional, organiza a súa nova sesión na Igrexa da Universidade. Son os “Picaversos Franceses”

Carta aberta á Universidade de Santiago de Compostela: não a Garzón na USC!

O juiz estrela Baltasar Garzón ocupou durante anos as portadas dos jornais. Afizemo-nos a reconhecer a sua cara: óculos, cabelo incipientemente cano, fato elegante e elevada estatura. Era a representação masculina do sucesso profissional.

editorial
CULTURA

A Universidade da Coruña afonda na produción editorial durante o franquismo

Representantes do mundo editorial participan no seminario “Cultura galega e edición na Galiza franquista” que se desenvolve este mércores día 22 na Universidade da Coruña, enmarcado no proxecto de investigación dirixido pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián que afonda na relevancia das iniciativas editoriais na recuperación da cultura galega. 

filosofia
SOCIAL

Encerramento na USC contra o varrido da filosofía das aulas

O estudantado de Grao denuncian o desmantelamento da disciplina que supón a LOMCE e as "agresións" que contra ela carrexaron todas as reformas educativas.

CULTURA

Case oitenta persoas participan xa na Universidade Rural de Barreiros

Case oitenta persoas matriculáronse xa para asistiren durante os dous próximos meses as clases da Universidade Rural de Barreiros, organizadas en Sementes e promovidas polo colectivo Cultural Ollomao xunto coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

anova_capa
POLÍTICA

Calviño incorpórase á Universidade de Copenhague coa intención de manter o escano

O deputado de AGE ten previsto encetar o seu traballo na investigación na sexta feira 1 de novembro. Tampouco deixa a acta de concelleiro en Toén, obtida polo BNG.

Unirural
CULTURA

A Universidade que nace nas escolas rurais e ten “sementes” como títulos

As escolas rurais vólvense Universidade en Barreiros. O Colectivo Ollomao imaxinou unha universidade nas aldeas, con cursos de formación que se imparten nas escolas rurais e títulos que se chaman “sementes”. Bota a andar o próximo 21 de outubro. 

SOCIAL

Quere deixar de dar aulas en Xornalismo en protesto polo tratamento mediático á morte de Asunta Basterra

Aliás, o Colexio profesional de xornalistas de Galiza reclama unha lei que poña fin á "barra libre" con que se está a informar deste caso.

Un cento de representantes da comunidade universitaria concentrad@s no Obradoiro
SOCIAL

Comeza un convulso curso académico na universidade

Asamblea PAS Universidade
SOCIAL

A tesoira do PP levou 20 de cada 100 euros para a universidade galega

O recorte orzamentario no sistema universitario galego foi do 20% nestes catro catro anos. Órganos de representación do persoal, sindicatos e colectivos convovan para esta sexta feira unha concentración na Praza do Obradoiro  (11:00), coincidindo coa inauguración do novo curso, para unha ‘tesoirada contra os recortes’. 

Universidade
ENSINO

400 estudantes da Universidade da Coruña terán que devolver as bolsas

O reitor da UDC di que “están contra as cordas” por culpa das políticas impostas polo Goberno e considera “razoábeis” as protestas do alumnado contra os recortes no sistema de axudas.

Consello de Goberno da Universidade de Vigo
SOCIAL

O persoal universitario prepara novas mobilizacións fronte os recortes

Nun comunicado conxunto asinado polos PAS e PDI das tres universidades galegas, as Xuntas de Persoal e os Comités de empresa advirten que os "recortes orzamentarios" e as "medidas de intervención" da Xunta están a pór "na corda bamba" a viabilidade do sistema universitario galego

Mónica Martínez
Galiza

Mónica Martínez: “O PP está a converter a universidade en privilexio dunha elite”

Mónica Martínez Porteiro estuda Enxeñeiría Industrial e é responsábel nacional de organización dos Comités, organización con máis representación estudantil no conxunto da universidade galega. O proxecto do Real Decreto de Bolsas e Axudas ao Estudo preparado por Wert afonda, ao seu ver, nunha universidade máis elitista que deixa fóra a moitas mozas e mozos, en especial, neste contexto de crise. 

Universidade da Coruña
SOCIAL

Universidades galegas denuncian a “ideoloxía de minorizar o público” da Xunta

As universidades de Santiago, Compostela e Vigo rexeitan a rebaixa salarial, os recortes en becas e investigación e reivindican a “unidade de actuación” das tres institucións

Denuncia estudantes USC
SOCIAL

Imputan a 11 estudantes pola protesta que obrigou suspender o consello de goberno da USC

Están acusados de delitos de “desordes públicas, danos e lesións” en relación coa protesta contra os recortes na universidade acontecida o pasado 14 de marzo na Universidade de Compostela (USC). A denuncia foi presentada por un dos gardas de seguridade presente no Reitorado

SOCIAL

O ex-director de Caixa Galicia renuncia ao Honoris Causa da UdC cando a Universidade xa llo ía retirar

José Luís Méndez dirixe unha carta á reitoría para comunicar que rexeita a distinción honorífica que a institución académica lle concedera en 2002

Faixas contra a mina de Corcoesto [SG]
SOCIAL

A Universidade de Vigo desminte á empresa e négalle o apoio á mina de Corcoesto

Nun comunicado desminte a información transmitida pola empresa canadense Edgewater ao redor dun convenio asinado coa institución pública cuxo obxectivo sería "contribuír a converter a futura mina de Corcoesto nun referente ambiental"

POLÍTICA

Nova expulsión do Pleno de representantes da cultura

As protestas desde as bancadas por parte de integrantes da plataforma Cultura contra a mentira sucedéronse ao longo da comparecencia do conselleiro e mesmo pediron a súa demisión. Porén, foron expulsad@s do Pleno.
Monti
DEPORTES

O Universidade de Vigo de rugby comproba que todo é posíbel após derrotar o líder da liga estatal

O derradeiro encontro perante o Bizakaia Gernika, actual líder da liga estatal de rugby, insuflou folgos ao Blusens Universidade de Vigo, que cunha clara vitoria (34-15) conseguiu librarse da má racha de resultados que os acompañaba dende os inicios da temporada.