vacinación

Rosa Quintana foi vacinada na Cidade da Cultura (Imaxe: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Rosa Quintana, a primeira conselleira que recibe a vacina da Covid

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, é a primeira integrante do Executivo galego en recibir a vacina da Covid. En concreto, foi inoculada co fármaco de AstraZeneca, que lle corresponde por idade. A responsábel da política pesqueira, que superou a enfermidade hai uns meses, exixiu a vacinación do colectivo de mariñeiros.

Espazo para vacinación no Estadio da Cartuja (Sevilla). (Foto: María José López / Europa Press)
INTERNACIONAL

A UE denunciará AstraZeneca mentres as farmacéuticas marcan territorio

A denuncia da Unión Europea contra AstraZeneca enmárcase dentro dun conflito de poder no que as farmacéuticas privadas exprimen a súa posición para maximizar os seus beneficios. Ao tempo, negan a liberalización das patentes e apenas colaboran co mecanismo Covax.
Unha muller recibe a vacina contra a Covid-19 (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Torrado: "A Xunta ten almacenadas 100.000 vacinas"

O Goberno nega que haxa "ineficiencias" no sistema de datos e citación para a vacinación.
Recepción do cargamento con parte das vacinas. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza)
POLÍTICA

O Estado quere un certificado que rexistre a vacinación pero non o da Xunta, molesta coa decisión

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, sinalou que é preciso contar cun informe persoal do tratamento contra a Covid-19, mais considera que debe ser unificado e non dar pé a “un cúmulo de certificados autonómicos”. Ante esta afirmación, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, reprochou ao Estado español que “se opoña” á súa idea “sen ningunha proposta”.

Diferentes vacinas para a Covid-19. (Foto: Daniel Karman / Dpa)
SOCIAL

Vacinación: de cada 10 doses que recibe Galiza, 7 son de Pfizer, 2 de AstraZeneca e 1 de Moderna

Até o 20 de abril Galiza recibiu 1.030.165 doses.

traballador máscara perruquería coronavirus Europa Press)
SOCIAL

Europa xa propón situacións nas que non é necesario levar unha máscara

O Centro Europeo de Control de Enfermidades argumenta que non é preciso levala cando unha persoa que non está en risco ten contacto con alguén vacinado.

Beatriz Pombo é responsábel da Unidade de Enfermidade Tromboembólica do Hospital Lucus Augusti de Lugo.
SOCIAL

Beatriz Pombo: "A vacina de AstraZeneca, como todas as demais, prevén as tromboses"

As vacinas revolucionaron a loita contra a Covid. Mais nas últimas semanas tamén deixaron o rastro duns poucos casos raros de tromboses entre persoas inoculadas con AstraZeneca e Janssen. Nós Diario conversa con Beatriz Pombo, membro do servizo de Medicina Interna do HULA, sobre os resultados da farmacovixilancia.

Efectos adversos (2)

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa após o comité clínico. (Foto: Conchi Paz)
SOCIAL

A Xunta nega que a lei de saúde obrigue a vacinarse pero o Estado manterá o recurso por inconstitucional

Desde o punto de vista do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o Tribunal Constitucional “non valorou o fondo da lei” antes de suspender a aplicación do artigo da polémica. A Xunta quere chegar a un “acordo” e o Goberno español ábrese a esa posibilidade pero sen renunciar ao trámite que xa fixo.

Unha profesional sanitaria coas vacinas. (Foto: César Arxina / Europa Press)
SOCIAL

O Sergas retomará esta semana a vacinación a domicilio coas 8.350 doses de Janssen

As doses chegan esta cuarta feira.

O prezo da dose da vacina de Pfizer ten un custo de 18,40 a 19,50. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Detalles do contrato da UE con Pfizer: 15,50 euros por dose e sen responsabilidade por danos

Pfizer comprometeuse a manter o prezo baixo se a UE compraba 100 millóns de vacinas dentro dos tres meses posteriores á aprobación da EMA

 

Vacina rusa Sputnik V (Foto: Ashraf Amra / APA).
SOCIAL

O Goberno estatal elude responder ao BNG sobre a produción da vacina rusa

Ofrece unha resposta sucinta e pouco concreta a unha pregunta formulada por Néstor Rego.
Longas colas para acceder ao punto de vacinación habilitado na Cidade da Cultura de Compostela, nesta terza feira (Foto: Arxina).
SOCIAL

O Consello Interterritorial desbota adiar a segunda dose das vacinas

As e os responsábeis de Sanidade dos diferentes territorios do Estado rexeitaron nesta terza feira, na xuntanza do Consello Interterritorial presidida polo Ministerio de Sanidade, espazar a administración da segunda dose das vacinas de Pfizer e Moderna alén do indicado en cadanseu prospecto. Seguirá administrándose, polo tanto, 21 e 28 días despois da primeira, respectivamente. A Xunta esgrimiu un informe do Sergas sobre a eficacia dos prazos actuais.

Libertar vacinas

VACINA JANSSEN EUROPA PRESS
INTERNACIONAL

EMA apoia a vacina de Janssen tras atopar que a súa vinculación cos trombos é en casos "moi raros"

O comité de seguridade da EMA (PRAC, polas súas siglas en inglés) conclúe que se debe agregar unha advertencia á información do produto para a vacina Covid-19  Janssen e que estes eventos deberían incluírse como efectos secundarios moi raros da vacina.
O Tribunal Constitucional nunha imaxe de arquivo (Foto: Zarateman / Creative Commons).
SOCIAL

O Constitucional suspende o artigo que recolle a vacinación obrigatoria da Lei de saúde galega

Deixa en suspenso a vixencia dos artigos recorridos polo Goberno estatal. Esta resolución coñécese pouco despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciase que confiaba en chegar a unha "solución extraxudicial".
Os feitos tiveron lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Foto: EP).
SOCIAL

Farmacovixilancia investiga o caso dunha sexaxenaria ingresada en Vigo tras ser vacinada con AstraZeneca

Así o confirmaron fontes da área Sanitaria de Vigo, que sinalaron que a sexaxenaria "evoluciona ben".
Sanidade comezou onte a vacinación do persoal do Servizo de Axuda ao Fogar (Foto: Arxina).
SOCIAL

A taxa de posividade redúcese na Galiza un 88% nos vacinados con 2 doses e 47% nos que recibiron só unha

Así o sinalan desde a Consallaría de Sanidade en base a un estudo que se realizou tras o seguimento a 349.848 persoas vacinadas.

A situación nos centros da terceira idade favorece unha maior interacción das usuarias coas súas familias. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

As residencias, libres de Covid: Emoción e cautela despois da vacina

Por cuarto día consecutivo as residencias da terceira idade e os centros de persoas con discapacidade non teñen ningún caso activo de Covid-19. Desde o mes de xullo non gozaban dunha situación igual. A inmunidade permítelles recuperar actividade e maior interacción, mais con  prudencia.

Seriedade