Vigo

Eloy García, esta quinta feira no Ifevi. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
ECONOMÍA

Conxemar reivindica a existencia dun Ministerio exclusivo de Pesca

A asociación resalta o éxito da súa feira en Vigo 
A Cidade da Xustiza de Vigo a ser desaloxada (Foto: Europa Press).
Agora

Unha falsa alarma de incendio obriga a desaloxar a Cidade da Xustiza de Vigo

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada por unha falsa alarma de incendio que fixo soar os sinais acústicos minutos antes das 11 horas desta quinta feira. Esta situación obrigou a abandonar o inmóbel a todo o persoal e usuarios que se atopaban no interior do edificio xudicial da cidade olívica. Todos eles foron conducidos polo persoal de seguridade até o exterior da Cidade da Xustiza, á que, polo momento, non se desprazaron efectivos de bombeiros.Uns 15 minutos despois, tras comprobar que a alarma fora activada sen que respondese a unha situación de emerxencia, permitiuse o acceso ao edificio para retomar a actividade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero (no centro), no acto de prendido do alumeado de Nadal do pasado ano. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
POLÍTICA

É real o retorno económico de "até 1.000 millóns de euros", o 13% do PIB de Vigo, das luces de Nadal?

"Son cifras que só existen na cabeza do alcalde pero que os datos oficiais botan por terra", aseguran desde o BNG, ao tempo que tentan desmentilas amparándose en diferentes indicadores.
Retencións na AP-9 á altura do Ifevi de Vigo. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
SOCIAL

Grandes retencións na AP-9 á altura do aeroporto de Vigo pola inauguración de Conxemar

O plan de tráfico especial cortou a entrada 157 da AP-9 desde a avenida do Tranvía de Vigo, tornando este treito da rúa dun único sentido cara ao Ifevi.
Colexio Apóstol Santiago de Vigo (Foto: Jorge Salgado).
SOCIAL

A Compañía de Xesús e o Colexio Apóstolo Santiago de Vigo piden perdón polos abusos sexuais a menores

Os xesuítas ven preciso xerar espazos de diálogo "para construír entre todos unha cultura de salvagarda cara aos menores que impida que o silencio, o abuso de poder e a falta de transparencia se convertan en aliados de condutas particulares, absolutamente inaceptábeis e inxustificábeis".
Obras no ascensor HALO, en Vigo (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O millonario sobrecusto do ascensor HALO de Vigo obriga Caballero a unha modificación de crédito

As obras do ascensor HALO comezaron a principios de agosto de 2022, e o prazo de execución era de 12 meses. O custo da obra cifrouse inicialmente en 7,2 millóns, cando se presentou o proxecto, pero foi finalmente adxudicada por 12,5 millóns.
A viguesa rúa de Lepanto, lugar en que aconteceron os feitos (Foto: Google).
SOCIAL

Deteñen en Vigo un pai tras golpear cunha xerra de cristal a cara da súa filla "por facer ruído"

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron na rúa Lepanto, onde unha moza, de 21 anos, manifestou ser agredida polo seu proxenitor.
Acto reivindicativo de Amnistía Internacional no cemiterio de Pereiró. (Foto: AI)
MEMORIA E HISTORIA

A familia de Humberto Baena busca "limpar" o seu nome e o doutras vítimas do franquismo

Flor Baena, irmá de Humberto: "Case un ano despois da entrada en vigor da Lei de Memoria, non recibín comunicación algunha para, 48 anos despois, poder limpar o nome do meu irmán dunha vez por todas".
Vista exterior do CEIP Igrexa-Candeán, en Vigo (foto: Google Maps).
Agora

Denuncian discriminación e falta de transporte escolar no CEIP Igrexa-Candeán, en Vigo

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) vén de denunciar a situación que se vive actualmente no CEIP Igrexa-Candeán, situado nunha parroquia rural do concello de Vigo, e que é “representativa da marxinación que sofre o rural galego”. O CEIP pasou de ter 200 matrículas hai 15 anos a 70 no presente curso, debido entre outras cousas “á falta de transporte escolar que leva a moitas familias a matricular ás súas crianzas nos centros privados-concertados, os cales dispoñen de transporte escolar”, indican.
Protesta de Foanpas esta quinta feira en Vigo (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
Ensino

Nais e pais de Vigo protestan pola privatización do servizo de conserxaría de colexios: "Non o imos consentir"

Convocados pola o Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de centros escolares de Vigo, decenas de persoas acudiron ás portas do centro para pedir ao Concello que non privatice este servizo municipal.
Centos de persoas enchen as rúas de Vigo en protesta polo operario morto no estaleiro (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
TRABALLO

Operarios do naval enchen as rúas de Vigo após a morte dun traballador de Armón

"As administracións e a clase empresarial deste país teñen que pór fin a esta lacra, achegando medios e recursos para que os traballadores desenvolvan a súa actividade en contornas seguras", lamentaron CIG, CC.OO. e UXT referíndose á situación dos estaleiros.
Porto de Vigo (Foto: Europa Press).
TRABALLO

Morre un operario dun estaleiro de Vigo ao ficar atrapado nun guindastre

Foi pasadas as 12 horas cando os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos, despois de que unha chamada alertase de que o home de 41 anos de idade quedara atrapado nunha máquina.
Conclúe en Vigo o II Encontro AECT Ibéricas, organizado pola Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

As AECT reivindican a eliminación de "obstáculos físicos e burocráticos" entre fronteiras e impulsar proxectos comúns

Reivindican o seu papel como institucións "chave" para a cooperación e o desenvolvemento transfronteirizo.
O presidente da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, António Cunha, esta segunda feira, durante a súa intervención no encontro decorrido en Vigo. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
star
TRABALLO

O Estatuto do Traballador Transfronteirizo centra o encontro das eurorrexións

O II Encontro das Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) da península Ibérica está a ter lugar na cidade de Vigo, un foro en que as eurorrexións debaten sobre a necesidade de desenvolver un Estatuto do Traballador Transfronteirizo. 

Unión das bancadas de Gol e Río no estadio de Balaídos. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

Os reproches entre a Deputación e o Concello adían a reforma de Balaídos

Aínda está pendente o inicio dos traballos na bancada de Gol.
Incendio no punto limpo do Caramuxo, en Vigo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

VÍDEO | Así foi o incendio, xa controlado, no punto limpo do Caramuxo, en Vigo

Segundo informa o 112 Galiza, tívose constancia do incendio sobre as 19.45 horas do domingo, cando numerosos particulares chamaban para avisar dunha importante nube de fume que saía do tellado das instalacións situadas en Camiño do Caramuxo.
Unha vista da exposición. Gil retrata cada un dos artistas cun emblema que o identifica. © Xulio Gil
star
A plástica galega baixo a mirada de Xulio Gil

Retrato dunha xeración de artistas

Hai pouco mostraba a súa visión do bodegón no Museo de Pontevedra. Agora, Xulio Gil dirixe a súa mirada ao retrato, mais non a un retrato calquera: á fotografía das persoas -moitas veces amigas- que, coma el, dedican a súa vida á creación. Un ollar sobre o ollar doutros que nos mostra en branco e negro a imaxe dun tempo crucial para a plástica galega. 
 
Parque de Castrelos, en Vigo. (Foto: Google / Arquivo)
Vigo

Detido un ex membro dos GRAPO por disparar unha arma de fogo após unha discusión en Castrelos

O home aseguraba que "ía matar" o outro implicado logo de discutiren por unha cuestión relacionada cos seus cans.
ods coia
SOCIAL

A Oficina de Dereitos Sociais (ODS) de Coia bota o feche após 16 anos de compromiso a pé de rúa

“Pechamos para pensar e comezar outras iniciativas”, avisan.

Rúa Doutor Canoa, en Vigo.
Agora

Detido en Vigo un home por agredir a súa parella no interior dun coche

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas un veciño da cidade, S.S., de 31 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia machista, tras golpear repetidamente na cara a súa parella mentres discutían no interior dun coche. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pasada a medianoite desta cuarta feira, cando un veciño chamou o 092 para alertar do incidente, na rúa Doutor Canoa. Tanto o home como a muller recoñeceron que mantiveran unha discusión pero non admitiron ningunha agresión. O home negou golpear a súa parella, a pesar de que a muller tiña o pómulo esquerdo inchado, e ela asegurou que a ferida non fora provocada por el. Con todo, a testemuña que alertou a Policía ratificouse na súa versión, e asegurou que non só vira a discusión, senón que observara como o home golpeara amuller repetidas veces na cara, polo que o agresor foi finalmente detido.