Vigo

O centro de Vigo, colapsado pola afluencia de visitantes durante o último Nadal. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
SOCIAL

O BNG afea ao alcalde de Vigo os seus "disparates contra a Fiscalía" en relación ao recurso sobre o ruído do Nadal

A oposición esixe a Caballero que dialogue coa veciñanza e unha “mellor planificación” das festas

Equipo de Goberno da cidade de Vigo durante o encendido de luces do Nadal, o 15 de novembro de 2022. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
SOCIAL

Fiscalía cre que se vulneraron dereitos da veciñanza co ruído do Nadal en Vigo e pide "pór límites"

Apunta que as medidas adoptadas polo Concello non foron eficaces e que debe prevalecer "o dereito ao descanso"

Persoal de Metalships concentrado fronte á sede do Círculo de Empresarios en Vigo (Foto: Europa Press).
Agora

Persoal de Metalships maniféstase en Vigo para exixir a readmisión dos traballadores despedidos

Os traballadores do estaleiro vigués Metalships&Docks saíron á rúa esta quinta feira, na cuarta xornada de folga indefinida, para denunciar a "represión sindical" e o "desmantelamento" da empresa, e volveron exixir a readmisión dos traballadores despedidos (entre eles dous membros do comité de persoal), á vez que advertiron de que a actuación da parte patronal neste conflito "non vai quedar impune". Decenas de traballadores e delegados da CIG, CCOO e UXT do sector naval saíron en manifestación desde as instalacións de Metalships e finalizaron a marcha fronte á sede do Círculo de Empresarios da Galiza, cuxo presidente, Manuel Rodríguez, é tamén o propietario do grupo Rodman, ao que pertence o estaleiro de Teis.

271276316_4835535433171938_8337848632047405284_n
Máis

Para voar sobre as árbores

Os ecoparques como alternativa de ocio
A Igrexa de Quireza, parroquia do municipio de Cerdedo-Cotobade, na comarca de Pontevedra. (Foto: Xas)
SOCIAL

Cargos da Igrexa reparten en misa oracións contra os "inimigos" de España: "Piratas e ETA"

A pregaria, divulgada en misas dominicais de Cerdedo-Cotobade e Vigo, forma parte, segundo confirmou o vicario do Arcebispo a Nós Diario, de rezos empregados en cuarteis do Excército
Vista da cidade de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Detido en Vigo após tentar asfixiar a súa parella cando ela lle dixo que quería deixar a relación

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 33 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras tentar asfixiar a súa parella cando ela lle dixo que quería romper a relación. Segundo informaron fontes policiais, o 092 recibiu unha chamada alertando dun episodio de violencia machista nunha vivenda da rúa Figueiras. Unha dotación desprazouse ao domicilio e alí entrevistouse cunha muller, que explicou que se atopaba no salón da súa casa conversando coa súa parella e que, cando lle dixo que tiña intención de romper a relación, el reaccionou de forma agresiva e violenta, agarrándoa polo pescozo e tentando asfixiala. A muller presentaba arañazos no pescozo, a man esquerda inflamada e faltáballe unha uña.

O ex presidente do RC Celta, Carlos Mouriño. (Foto: RC Celta).
DEPORTES

O Celta solicita “depurar as responsabilidades” de Luis Rubiales

O club vigués pide que os organismos competentes actúan “sen dilación”

Pilar Rodríguez, Óscar Graña e Araceli Gestido (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Concellos das Rías Baixas exixen máis persoal médico

Continúan as protestas  e reclamacións pola sanidade pública. Desta vez en concellos do Morrazo, Vigo e Barbanza, nesta última comarca Corrubedo, en Ribeira, acolleu unha mobilización veciñal 

Abel, Guetta e o mundo

Afección do Celta en Balaídos. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

GALERÍA | Así se viviu a celebración da afección celeste polo Centenario do club vigués

Dolmen_de_Meixoeiro_-_Mos_-_Pontevedra
Máis

Restos da necrópole de Mos

A riqueza petrográfica da comarca de Vigo, lugar onde se localiza unha das antas de maior tamaño da Galiza. 
Avenida do Aeroporto, en Vigo. (Foto: Google Maps)
SOCIAL

Deteñen en Vigo o presunto autor dun delito de violencia de xénero, grazas á xeolocalización do móbil da vítima

A muller recoñeceu ter “moito medo”

Cidade da Xustiza de Vigo. (Foto: Rodrigo Paz)
TRABALLO

A CIG pide corrixir "deficiencias" no concurso para a cobertura da seguridade de edificios xudiciais

A central sindical denuncia que a dotación económica é “insuficiente” para cubrir os gastos e non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións

Cadea de montaxe da factoría de Stellantis en Vigo, onde 
se ten recortado a produción nos últimos tempos (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Unha das liñas de Stellantis en Vigo cancela de novo a súa actividade temporalmente por falta de subministros

Segundo informaron fontes da empresa ao persoal, "unha dificultade sobrevinda en aprovisionamento de pezas e no inicio de actividade dalgún dos provedores tras o período de vacacións" obrigou a parar a produción no sistema 2 (o que monta as furgonetas).
O suceso produciuse na rúa Urzaiz de Vigo. (Foto: Google Maps)
SOCIAL

Detidos en Vigo dous homes por presunta violencia de xénero, e outro máis por vulnerar unha orde de afastamento

Un dos denunciados aínda non foi localizado

Vía construída en cabo Estai, Vigo, onde se pretende levar a cabo unha promoción inmobiliaria. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Cabo Estai, un 'pelotazo' urbanístico frustrado en Vigo

Desde o comezo destas obras, o proxecto estivo envolto en dúbidas e sospeitas "fundadas", denunciadas pola Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, firme defensora dun Estai "natural e para a veciñanza".
Raquel Hernández, no centro, en 'A estratexia da avestruz', 2007.
star
CULTURA

Vinte anos de resistencia escénica en Vigo

 O 2 de outubro de 2003 abría as súas portas en Vigo o Teatro Ensalle, un lugar que pretendía ser escaparate das propostas máis audaces da escena contemporánea. Moitas cousas cambiaron na escena galega durante estas dúas décadas, pero Ensalle permanece como lugar de refuxio daquelas persoas cuxas creacións se manteñen afastadas dun mainstream cada vez máis invasivo e ubicuo. Esta fin de semana -os días 19 e 20 de agosto- a sala viguesa celebra o seu XX aniversario cunha gran festa na que participarán moitas das creadoras e creadores que pasaron polo seu escenario na súa xa delongada historia. 
 
Poderanse realizar visitas guiadas polos xardíns históricos do Pazo Quiñones de León de Castrelos
CULTURA

Os museos municipais de Vigo celebran esta sexta feira, 18 de agosto, a súa 'Noite Branca'

Nove espazos únense para ofrecer unha programación nocturna, até as dúas da madrugada con música, arte, teatro e visitas guiadas.

Vista da cidade de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Investigado un home en Vigo tras provocar un accidente mentres conducía drogado, sen permiso e sen ITV

Un home foi interceptado na cidade de Vigo tras provocar un accidente mentres conducía baixo os efectos do cannabis, sen carné e cun vehículo que non pasara a inspección técnica (ITV). Segundo informou a Policía Local produciuse un choque na rúa García Barbón. Unha vez no punto, realizóuselle unha proba de tóxicos a un dos implicados no mesmo, dando resultado positivo en cannabis e comprobándose que conducía sen carné porque nunca o obtiña e que o vehículo non tiña ITV. Por iso, foi citado para comparecer en xuízo rápido polos delitos cometidos contra a seguridade viaria.

Evolución do custo do alumeado de nadal na cidade de Vigo. (Infografía: Nós Diario)
SOCIAL

Vigo gastará 8 euros por habitante en luces de Nadal até o ano 2027

Abel Caballero triplica o custo da anterior licitación, datada de 2018 e prorrogada en dúas ocasións.