Vigo

A TONIÑA
CULTURA

O Cemma lanza dúas publicacións para concienciar sobre a toniña

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) presenta no salón de actos do Liceo Marítimo de Bouzas os materiais divulgativos orientados a escolares para conciencialos sobre o perigo de desaparición do cetáceo que está en peor situación de conservación en toda a Península ibérica.
Foto Manuel Soto
POLÍTICA

Falece Manuel Soto, alcalde de Vigo entre 1979 e 1991

O pasamento do primeiro alcalde da cidade olívica en democracia e fundador do PSdeG tivo lugar esta noite logo dun cancro de pulmón. 

 

 

Reunión do comité Barreras con deputadas do Grupo Común Esquerda. (Paula Justo/Europa Press)
CONSTRUCCIÓN NAVAL

O comité sinala os proxectos de Havila e Armas como garantes da viabilidade de Barreras

Sinala que a solución do estaleiro non pasa por acadar un acordo para construír un único barco durante oito meses.
Protesta das traballadoras do estaleiro Hijos de J. Barreras
ECONOMÍA

Barreras comeza a despexar o seu futuro

A dirección do estaleiro Hijos de J. Barreras confía en acadar un acordo esta semana cos armadores de Ritz-Carlton.
Xulgados de Vigo (Cedida)
Accede aos xulgados

Un home arrasa a sala de Violencia sobre a Muller de Vigo

Cunha pedra rompeu o cristal da porta dos xulgados de Vigo e accedeu até a sala de Violencia sobre a Muller onde causou diversos danos en expedientes e materiais.

[Foto: Juan Teixeira] Inauguración da exposición "As outras luces"
CULTURA

As outras luces que iluminan Vigo

Até o domigno 10 de novembro pode visitarse en Vigo, fronte ao MARCO, a exposición fotográfica As outras luces.
gai
MEMORIA E HISTORIA

A nosa única esperanza é o separatismo, por Xoán Costa

En agosto de 1919 Vida Gallega dá conta da edición de O lóstrego, obra da autoría do xoven escritor Xavier Soto Valenzuela, obra estreada en Vigo polo cadro da Xuventude Artística. Segundo Vida Gallega, trátase dunhas cantas escenas ben urdidas, ben intencionadas e descubridoras do temperamento do autor para o xénero teatral.
folga atención primaria vigo
SOCIAL

As facultativas da Atención Primaria de Vigo barallan deixar de impartir docencia ás MIR pola sobrecarga

A asemblea de médicas e médicos celebrada na noite do día 30 deuse de prazo este mes para decidir se interromper de forma temporal a docencia que as profesionais imparten ao persoal MIR, ante a sobrecarga de traballo nesta área sanitaria. O Sergas advirte de que retirar esa formación suporía perder 22 facultativos de familia o ano que vén.
PSA Vigo  [Imaxe: Europa Press]
TRABALLO

PSA e Fiat Chrysler aseguran que non pecharán plantas

As empresas confirman nun comunicado que negocian a fusión do que sería o cuarto grupo automobilístico mundial, con sinerxías de 3.700 millóns de euros.

Operaria de PSA Citröen en Vigo  [Imaxe: Europa Press]
TRABALLO

Cautela e escepticismo en Vigo ante as conversas entre PSA Citröen e Fiat

O anuncio de posíbel acordo entre ambos grupos automobilísticos non crea expectación entre as forzas sindicais.

Vigo [Imaxe: Cedida]
TRABALLO

SOS de Vigo pola situación industrial da comarca

Unha manifestación esta cuarta feira convocada pola CIG denuncia a situación de “asfixia” e “desfeita” no sector naval, a automoción e a sanidade pública.

vox vigo cargas antifa
POLÍTICA

Carga policial en Vigo contra manifestantes que protestaban polo mitin de Vox

Unha persoa detida. A Policía empregou pelotas de goma contra as manifestantes.

Representantes das industrias auxiliares acredoras do estaleiro Hijos de J Barreras
ECONOMÍA

As auxiliares negocian con Pemex a compra de Barreras

A plataforma de auxiliares acredoras propón intercambiar parte da débeda do estaleiro por accións da compañía.

Concentración diante da delegacion da Xunta en Vigo [Imaxe: Paula Justo/ Europa Press]
TRABALLO

CIG pide á Xunta que convoque a mesa do naval

A central sindical asegura que o sector “non pode agardar máis” e pide solucións para Vulcano e Barreras.

 

CIG vigo
TRABALLO

Mobilizacións en Vigo diante dun negro panorama industrial

A central sindical nacionalista inicia unha campaña para implicar a todo o tecido asociativo en defensa dos sectores máis afectados da bisbarra.

EDIFICIO DA  AUDIENCIA  PROVINCIAL DE  BARCELONA
CONDENA

Indemnizan con 180.000 euros un matrimonio vigués pola morte da súa filla recén nada

A Audiencia Provincial de Barcelona condenou a aseguradora Zurich (aseguradora do Sergas) a indemnizar con 180.000 euros máis xuros a un matrimonio de Vigo polo falecemento da súa filla recén nada no antigo Hospital Xeral, en 2012.
Vulcano Europa Press
ECONOMÍA

O comité de Vulcano teme que o porto queira especular cos terreos do estaleiro

As traballadoras e traballadores da factoría naval coñecerán esta semana o futuro dos seus postos de traballo.

Avión accidentado en Lviv (Ucrania)
INTERNACIONAL

Cinco persoas mortas na aterraxe forzosa en Ucraína dun avión procedente de Vigo

Na nave, un Antonov AN-12, viaxaban oito persoas.

povisa
ECONOMÍA

Povisa prepara a súa venda a unha sociedade de capital estadounidense

Sería a segunda venda do complexo hospitalario vigués desde a súa posta en andamento, na década dos setenta. O interesado, Ribera Salud, é unha empresa participada en 90% por Centene Corporation. O Sergas pide que se garanta calidade asistencial e empregos.

climate
SOCIAL

Arranca na Coruña e Vigo a campaña previa á Folga do Clima

O Movemento Galego polo Clima presentou esta semana a convocatoria do próximo 27 de setembro e un amplo programa de actividades para animar á participación nunha xornada de protesta a nivel mundial.