Vigo

freiremar
ECONOMÍA

Operari@s de Freiremar (despedid@s e sen cobrar), contra o desmantelamento da planta de Vigo

A empresa retirou mercadoría en camións escoltados pola policía para a mandar ao seu centro en Canarias.

citroen vigo
ECONOMÍA

Citroën pide 30 días de ERE en Vigo para un máximo de 3.600 empregad@s, a metade do seu cadro de persoal

A planta de PSA na cidade olívica anuncia que non haberá complementos económicos, como si houbera nestes 3 anos anteriores, para o expediente de 2014.

presos_vigo_capa
SOCIAL

Ducias piden en Vigo o translado á Galiza dos presos independentistas Xurxo Rodrigues e Roberto Rodrigues

Foi a primeira das concentracións convocadas pola plataforma Que voltem para a casa diante dos Concellos natais dos seis independentistas encarcerados. Na cidade olívica sumáronse a concelleira do BNG, Iolanda Veloso, e o responsábel local da mesma formación, Henrique Vieitez.

ECONOMÍA

O naval de Vigo tamén retoma as mobilizacións contra o seu esmorecemento

César Rodríguez, da CIG, advirte que malia ''propaganda'' a r''realidade'' é que pecharon 100 auxiliares nestes anos e que non hai carga de traballo.


 

Freiremar
ECONOMÍA

Vigo revóltase contra a destrución do seu tecido industrial

O ERE deixa na rúa a 101 d@s 115 operari@s da cuarta pesqueira do Estado español. O comité de empresa cualifica de “nulo” o expediente e pedirá a nulidade dos despedimentos.

''Que os nosos corpos se indignen!''
SOCIAL

''Que os nosos corpos se indignen!''

Manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Vigo contra a violencia machista o 25N [GZ-Vídeo]
contrainfo
SOCIAL

A TVG non dá as imaxes das cargas policiais en Vigo e abre o telexornal local coa estrea da comisaría

Traballador@s da televisión pública denuncian o silencio a respeito do acontecido no protesto do 20 de novembro contra a LOMCE. 

vigo3
SOCIAL

A concentración de Vigo contra as cargas policiais sáldase con 7 retid@s e multad@s

Oito furgonetas dos antidisturbios e varios carros da policía española blindaron a comisaría ubicada na rúa López Mora. 

represion
SOCIAL

Convocadas concentracións contra as ''violentas'' cargas da policía nun protesto estudantil en Vigo

As organizacións estudantís Comités, Liga e Agir rexeitaron a actuación dos antidisturbios durante unha manifestación contra a LOMCE e chaman ás mobilizacións convocadas na Coruña, en Ourense e na cidade olívica. Tamén BNG de Vigo, AGE, CIG, Galiza Nova e MIR mostraron a súa repulsa perante o acontecido.

Imaxe: @miguelceltagz
SOCIAL

A policía cébase co estudantado: cargas no protesto de Vigo contra a LOMCE

Milleiros de moz@s secundaron a mobilización que na cidade olívica convocou o Sindicato de Estudantes o mesmo día en que a Lei de Wert chegou ao Senado, onde recibirá o visto e prace esta quinta feira. A manifestación saldouse con seis persoas detidas.

Nunca Máis volve ás rúas en repulsa á sentenza do Prestige
SOCIAL

Nunca Máis volve ás rúas en repulsa á sentenza do Prestige

Imaxes da manifestación de Vigo convocada pola Plataforma Nunca Máis para rexeitar a sentenza xudicial pola catástrofe do Prestive. [GZ-Vídeos]
Galiza

Anova intervén a súa asemblea de Vigo por estar en desacordo co rexime de incompatibilidades votado pola militancia

A dirección de Anova decidiu intervir a asemblea de Vigo para cambiar as condicións aprobadas de maneira asemblearia para a elección das persoas que conformen a coordinadora local, segundo informa La Voz de Galicia. 

fascistavigo
POLÍTICA

Nin PP nin PSdG-PSOE condenaron o ataque fascista de Vigo

Tampouco o delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, fixo declaración ningunha ao respeito, moi ao contrario do que acontece cando se producen actos violentos que o Ministerio de Interior atribúe ao independentismo, nomeadamente á organización 'Resistencia Galega'.

Ataque fascista ao despacho do avogado Gustavo García (Vigo, 4/11/13)
Galiza

Ataque fascista ao despacho do avogado Gustavo García (Vigo, 4/11/13)

Un grupo de descoñecidos accedeu a un despacho ubicado na rúa Mestre Mateo de Vigo para destrozalo e deixar pintadas ameazantes en chave españolista e de extrema-dereita. Non era un bufete calquera, senón que era o de Gustavo García, xurista que estivo vencellado á CIG e que agora ocupaba a secretaría da Fundación Galega contra a Impunidade. Vídeo de GZ-Vídeos
gustavogarcia
POLÍTICA

Destrozan en Vigo o despacho dun avogado da querela arxentina contra o franquismo e deixan lemas de 'Tortura al rojo'

Descoñecidos entraron no bufete de Gustavo García, xurista da Fundación Galega contra a Impunidade. No bufete, acoitelaron cadros e deixaron excrementos no chan, para alén de pintadas como 'Viva el fascio'.

SOCIAL

Miquel Amorós falará en Vigo da "resistencia popular en torno ao problema enerxético"

O historiador e teórico anarquista estará esta segunda feira en Vigo (Cova dos Ratos), nunha palestra sobre as loitas, experiencias e mobilizacións 'anti-desarrollistas' a raíz de experiencias concretas contra a enerxía nuclear (Francia) e as liñas MAT (Catalunya).

AsembleaFreiremarVigo02.grande
ECONOMÍA

Contra-proposta á intención de Freiremar de liquidar o seu proxecto industrial en Vigo

O departamento xurídico da CIG elaborará un informe que ofreza solucións para a pesqueira que non pasen polo despedimento de 99 dos 114 operarios que ten na cidade. A asemblea de traballadores aposta tamén por unha xornada de folga, o 7 de novembro.

Eduardo Vigo
Galiza

O independentista Eduardo Vigo, absolvido no xuízo por "confección de explosivos"

O compostelán, veciño de Angrois, enfrontaba unha pena de oito anos de prisión que virían sumarse aos 18 anos que lle impuxo a Audiencia Nacional española en setembro, nunha sentenza que non é firme aínda. Porén, ficou "absolvido con todos os pronunciamentos favorábeis" ao non existir "proba de cargo" na súa contra. 

Concentración ante a visita do Príncipe a Vigo. Foto: CIG
SOCIAL

O Príncipe evita a afectad@s polas preferentes e traballador@s do naval na súa visita a Vigo

A súa visita á factoría de PSA-Citroen na cidade olívica foi recibida con protestas. Fronte a fábrica concentrouse a plataforma de afectad@s polas preferentes e militantes da CIG exixindo solucións para o sector naval. Vídeo no interior.

Eduardo Vigo
Galiza

A fiscalía pide máis 8 anos de prisión para o independentista Eduardo Vigo por ''confección de explosivos con finalidade terrorista''

De o acharen culpábel, a pena viría sumarse aos 18 anos de cárcere e 9 de liberdade vixiada que lle impuxo a Audiencia Nacional española após o xulgamento decorrido en Madrid entre o 24 e o 27 de xuño. Cómpre salientar que a sentenza condenatoria non é firme aínda.