xuízo

Xuízo Galicia Bilingüe
LINGUA

Adiado o xuízo contra 12 galeg@s por defenderen a nosa lingua nun acto da ultradereita española

A defensa solicitou a nulidade da vista oral que esta terza arrincou en Compostela ao introducir a fiscalía novos delitos que non foran imputados no escrito da acusación previo á apertura do xuízo. Fóra do edificio, centos de persoas mostraron a súa repulsa con respecto do que consideran unha tentativa de criminalizar os actos en defensa do idioma propio da Galiza
Fran Rei
SOCIAL

Fran Rei: “Teño a sensación de que o xuízo vai acabar e imos quedar como estabamos”

O daquela responsábel nacional de organización dos Comités Abertos de Facultade (CAF) estudaba na Coruña cando afundiu o Prestige, Fran Rei participou do movemento Nunca Máis e ten, dez anos despois, a imaxe da protesta na memoria. Férvelle o sangue cando pensa que os que considera culpábeis da catástrofe teñen hoxe postos de responsabilidade no Goberno español.
Xuízo do Prestige
SOCIAL

Non haberá suspensión do xuízo como quería a defensa de Mangouras

A segunda xornada do macroxuízo do Prestige centrouse na petición realizada onte polo avogado do capitán do petroleiro. A fiscalía rexeita as afirmacións de "conspiración" por parte da administración española. Tamén está en contra, xunto á avogacía do Estado e a Xunta, de rexeitar o informe do técnico que participou no gabinete de Aznar.
SOCIAL

O xuízo ao xornalista detido na folga do 29-M visto para sentenza

O xornalista da CIG detido durante a folga xeral do 29-M asegura que no xuízo  “a fiscalía deixou á marxe a súa neutralidade”.
SOCIAL

A defensa de Mangouras: "O estado español é capaz de darlle un xuízo xusto a Mangouras?"

José María Ruíz, avogado defensor do capitán do Prestige en 2002 desconfía das acusacións "antes do xuízo" por parte das autoridades españolas.
Xuízo Prestige
Galiza

O xuízo do Prestige: todas as chaves

Case dez anos despois da catástrofe, hoxe 16 de outubro comeza o macroxuízo polo accidente do petroleiro Prestige, que se converteu no maior desastre ecolóxico de Galiza e cuxo fuel alcanzou tamén as costas cantábricas até Francia. Explicamos as chaves do proceso xudicial máis longo e complexo da nosa historia.
Xuízo Prestige
SOCIAL

Comeza o xuízo do Prestige dez anos despois da catástrofe

Máis de 40 medios de comunicación acreditados e 198 xornalistas seguen en directo o primeiro día do xuizo pola catástrofe do petroleiro
ECONOMÍA

6 desempregad@s da Asemblea de Ferrol, a xuízo por retiraren alimentos dun supermercado

Os feitos que se enxuizan aconteceron o 6 de xuño, durante unha acción simbólica para visibilizar a situación de "emerxencia social" que vive a comarca, cos niveis de desemprego máis altos do estado. Os produtos substraídos teñen un valor de 25€ e, se a policía española non llelo impedise, entregaríanos na Cociña económica
Galiza

A marea negra do Prestige, a xuízo dez anos despois

No banco d@s acusad@s sentarán o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López-Sors, e o capitán do petroleiro, Apostolos Mangouras. Ambos ou dous están imputados por delitos contra o medio ambiente e danos en espazo natural protexido