Xunta da Galiza

Estudantes nun instituto de Catalunya nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Covid: As estudantes non terán que gardar corentena por contacto cun positivo se foron vacinadas

O protocolo educativo actualizouse esta segunda feira para adaptarse á nova situación do coronavirus. A posibilidade de evitar a corentena resérvase a alumnas e alumnos de máis de 12 anos que conten coa inoculación completo.
Exame da oposición decorrida en xullo en Compostela (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

Denuncian “graves eivas” no desenvolvemento dos procesos selectivos da Xunta

CCOO apunta a “notas de corte con criterios dispares, desproporción entre os temarios e as probas realizadas ou niveis de esixencia superiores ao posto de traballo” como algunhas das deficiencias detectadas

EuropaPress_3821405_varios_representantes_colectivos_memoria_historica_victimas_franquismo
MEMORIA E HISTORIA

O Estado reclama á Xunta que inicie "canto antes" a declaración BIC dos móbeis de Meirás

O Goberno español non desbota accións "xudiciais ou administrativas" para engadir á demanda da reclamación da propiedade de "todos ou algúns" destes bens.
Manifestación contra Ence. (Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Acusan a Xunta de querer burlar as sentenzas da Audiencia sobre Ence

A Asociación pola Defensa da Ría comunícase co presidente do Consello Consultivo para advertir do intento de Alberto Núñez Feixoo de utilizalo para ignorar as decisións xudiciais.
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, nesta quinta feira, após a reunión semanal do Consello da Xunta (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

A débeda pública da Galiza en máximos históricos: 12.000 millóns, 3 veces máis que cando Feixoo chegou á Xunta

Rexistra 333 millóns máis de endebedamento no segundo trimestre fronte ao anterior, aínda que baixa ao 20,1% a ratio respecto ao PIB.
campo agro rural foto de mikel arrazola
ECONOMÍA

A volta ao campo xunto á potenciación da economía circular, opcións de futuro

A xornada 'Economía circular: oportunidades de emprego', organizada por CCOO, reuniu persoas expertas procedentes do ámbito sindical, empresa, universidade e Goberno galego para abordar os retos, mais tamén as perspectivas de futuro, que se abren co cambio de mentalidade á que obriga o actual modelo económico. Ademais de exemplos empresariais da actualidade, foron protagonistas as experiencias e os estudos relacionados co mundo rural.
Estación depuradora da Xunta. (Foto: Xunta da Galiza) #auga #xestión #factura #xunta #edar #estacióndepuradora
star
ECONOMÍA

Encarecemento histórico: O prezo da auga incrementarase máis de 60% na Galiza

O novo anteproxecto de Lei de mellora do ciclo da auga avanza un duro conflito entre o Goberno galego e os concellos. Estes entenden que a proposta incrementa de maneira importante a factura ás usuarias e usuarios e a carga fiscal a concellos e entidades de xestión da auga, derivando ás Administracións locais competencias do Executivo galego. Mentres a Xunta se aferra á súa alternativa, cargando contra a oposición, concellos e deputacións advirten de importantes alzas no recibo da auga. A propia Fegamp apunta a unha suba de 60%.
Factoría de Ence na ría de Pontevedra, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A Xunta manobra para que Ence continúe en Lourizán

O Goberno galego preguntará ao Consello Consultivo se é posíbel que a pasteira pase a formar parte dos terreos do porto de Marín

Actitude irresponsábel

Reunión dos representantes de Alu Ibérica co conselleiro Francisco Conde. (Foto: Conchi Paz / Xunta da Galiza) #aluibérica #alcoa #intervención #administración #irregularidades #empresa #industria #coruña #audiencianacional
ECONOMÍA

Dous camiños separados para Alu Ibérica

O Goberno asturiano busca saída para a planta de Avilés mentres a Xunta bota as culpas a Madrid.

Somos todo oídos

Alumnado do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela no inicio do curso escolar. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Acusan a Xunta de "ocultar" os datos da incidencia da Covid nas escolas

Neste curso só se informará unha vez á semana dos novos contaxios.
Varias persoas na reapertura do lecer nocturno en Vigo, o pasado 1 de xullo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta imporá o Certificado Covid no nivel máis alto de seguridade no lecer nocturno

Os conselleiros Alfonso Rueda e Julio García Comesaña veñen de dar conta dalgunhas das chaves que marcarán o protocolo de traballo para os estabelecementos deste ámbito dentro da hostalaría. Outras das principais novidades serán o permiso para completar até o 75% da capacidade e ampliar o horario até as catro da madrugada.
Protesta da veciñanza das Somozas fronte ao edificio administrativo da Xunta en Ferrol, nesta cuarta feira (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Urxen a Xunta a paralizar "de inmediato" a canteira das Viñas

A Declaración de Impacto Ambiental do proxecto data de 1996, polo que a veciñanza das Somozas e o BNG piden que se declare "obsoleta e caduca".
Encoro de Cenza o 24 de agosto. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Denuncian na Fiscalía a Xunta e as eléctricas polo baleirado dos encoros

Posíbel prevaricación por parte do Goberno na xestión do baleirado dos encoros de Cenzas e Portas, advirte Adega, que reclama depurar responsabilidades no eido xudicial tanto da Xunta como de Iberdrola e Naturgy.
Francisco Conde inaugurou nesta segunda feira unhas xornadas en Compostela (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

A Xunta presume de minaría "sostíbel" entre críticas dos colectivos ecoloxistas

Organizacións ambientalistas e sociais critican que o Goberno galego achegue fondos públicos para a "promoción do 'lobby' mineiro".
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, no Parlamento galego (Foto: Parlamento galego).
POLÍTICA

O cambio de escanos do PP custa ás galegas 450.000 euros anuais

Todas e todos os conselleiros do Goberno galego deixarán o seu escano no Parlamento, a excepción dos dous vicepresidentes, o primeiro, Alfonso Rueda; e o segundo, Francisco Conde.
Toma posesión, xunta, feixoo, goberno
POLÍTICA

Todos os conselleiros, salvo os vicepresidentes, abandonarán os seus escanos na Cámara

[EN AMPLIACIÓN] O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciou na mañá da cuarta feira que os sete conselleiros que mantiñan o seu escano como deputados do Partido Popular abandonarán o seu posto na Cámara para "centrarse" nas súas tarefas de Goberno.

Un medidor de CO2 no interior dun restaurante na Galiza o pasado 23 de abril cando entrou en vigor a súa obrigatoriedade (M. Dylan / Europa Press/ Arquivo).
ECONOMÍA

A hostalaría está "cansa" de restricións

Hoxe entran en vigor os novos protocolos para a hostalaría galega. Novas pautas de funcionamento que o Goberno galego impón nun dos poucos sectores que continúa coas restricións da pandemia. A Hostalaría Federada Galega (Hosfega) avisa das dificultades  que teñen para cumprir as citadas normas.
Carteis sobre o certificado Covid, en agosto, cando o TSXG descartou o seu uso. (Foto César Arxina Europa Press)
SOCIAL

A hostalaría acolle con cautela o fallo do Supremo que avala o certificado Covid

O sector revela certa satisfacción por este apoio a unha medida considerada garante da seguridade sanitaria pero quere manter a calma debido aos problemas que atopou este sistema no pasado.