Xustiza

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, intres despois de agredir a sindicalista de CCOO. (Foto: Twitter)
Ourense

CCOO presenta unha denuncia penal contra Xácome por agredir unha sindicalista

O sindicato insta Alfonso Rueda a tomar unha decisión: "Nin unha persoa que actúa deste modo pode seguir nun cargo público, nin Ourense merece saír nos medios de comunicación de todo o Estado por culpa de feitos tan lamentábeis".
Entrada ao xulgado de Tui do único investigado pola morte de Déborah Fernández. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Un informe de lingüística forense sinala que o ex mozo de Déborah Fernández "faltou á verdade" no xuízo

"Nós non podemos dicir rotundamente se unha persoa está a mentir, pero si detectar eses trazos indicativos que apuntan que podería estar a faltar á verdade", matizou a experta.
A pancarta pola que Torra foi condenado. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
Catalunya

Quim Torra, inhabilitado outros 15 meses

Deberá pagar unha multa de 24.000 euros pola segunda condena que recibe pola mesma causa.
Familiares do Pitanxo, nunha protesta diante da sede da Valedora do Pobo. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Vila de Pitanxo

Familiares do 'Pitanxo' pedirán á Xustiza que o patrón non volva faenar

A Audiencia Nacional recolle "indicios" de 21 delitos de homicidio imprudente.
Xulgados da Coruña. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Condenan un docente da Escola Pablo Picasso da Coruña por abusos sexuais a oito alumnas

Os feitos ocorreron entre 2019 e 2021.
Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. (Foto: Nós Diario)
Sanidade

Nova condena ao Sergas: O TSXG obriga a indemnizar con 120.000 euros unha muller que sufriu neglixencias no parto

A muller sofre un dano neurolóxico irreversíbel, incontinencia, dor xenital e imposibilidade de manter relacións sexuais polo uso do fórceps durante o parto do seu segundo fillo.
Un centro de ensino antes de comezar o curso. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
INTERNACIONAL

A Xustiza dá 15 días ao Govern catalán para impor 25% de castelán nas escolas

O Govern confirma que recorrerá a sentenza, que cualifica de "aberración".
Rafael Louzán, sentado na bancada dos acusados. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A xustiza mantén a pena de 7 anos de inhabilitación ao ex presidente da Deputación de Pontevedra

A decisión da Audiencia Provincial de Pontevedra non é firme, e contra  súa resolución aínda cabe recurso de casación.
O Portomarín venceu por dous goles a un no campo do Pol. Na imaxe, o alcalde polego, Lino Rodríguez Ónega. (Fotos: Nós Diario - Europa Press)
SOCIAL

Un mozo denuncia o alcalde de Pol por unha presunta agresión: "Agarroume polo pescozo"

O denunciante, veciño de Portomarín, estaba animando o seu equipo no campo do Pol, enriba dunha plataforma da TVG, e afirma que o rexedor, Lino Rodríguez, intentou tiralo "dunha estrutura que mide catro metros". O alcalde, porén, nega os feitos con rotundidade.
Os maxistrados rexeitaron o recurso de apelación presentado polo cura. (Foto: Colexio Salesianos)
Xustiza

32 anos de prisión para o salesiano vigués que abusou de menores

Os feitos ocorreron en 2019. O acusado achegábase aos mozos cando estes durmían e tocábaos por riba do pixama ou, algunhas veces, por dentro da roupa.
Pazo de Lourizán. (Foto:Turismo da Galiza)
Pontevedra

Ratificada a sentenza que obriga a Xunta a restaurar o Pazo de Lourizán

O Goberno galego non recorreu o fallo do TSXG que o condena a executar as obrigas derivadas do convenio asinado en 1991 coa Deputación de Pontevedra.

Santi Mina

Cidade da Cultura de Compostela. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A Xunta implanta unha "tripla comprobación" de notificacións após perder 300.000 euros por non responder un aviso xudicial

O pasado ano o Goberno galego tivo que desembolsar esa contía por esquecer dar resposta a unha notificación xudicial referida aos xuros do sobrecusto da Cidade da Cultura.
Concentración en Vigo decorrida o 28 de decembro de 2021 para pedir "xustiza para Déborah" (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
Xustiza

O disco duro de Déborah foi manipulado após ser entregado á Policía

O caso prescribiu o pasado 30 de abril malia que se manteñen as actuacións abertas contra o seu ex mozo, o único investigado pola morte e desaparición da rapaza viguesa en 2002.
DEPORTES

Cres que o Celta tomou a decisión correcta con Santi Mina?

A Audiencia de Almería acordou impor unha pena de catro anos de prisión para o futbolista do Real Club Celta de Vigo Santi Mina, após condenalo pola comisión dun delito de abuso sexual. O clube anunciou tras coñecer a sentenza que apartará Mina dos adestramentos e abrirá un expediente disciplinario para "dilucidar as súas responsabilidades laborais á vista da resolución".

Cres que as medidas adoptadas polo Celta foron as correctas?

--> O Celta aparta Santi Mina dos adestramentos após ser condenado

Os futbolistas David Goldar e Santi Mina, durante o xuízo. (Foto: Europa Press)
DEPORTES

O Celta aparta Santi Mina dos adestramentos após ser condenado

A xustiza acordou impor unha sentenza de 4 anos de prisión ao futbolista por un delito de abuso sexual. Tamén lle impón unha orde de arredamento cunha distancia mínima de 500 metros coa vítima durante 12 anos, e un réxime de liberdade vixiada.
A ministra de Defensa, Margarita Robles, saúda a directora do CNI, Paz Esteban, no momento do seu nomeamento, en febreiro de 2020. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Caso 'Pegasus'

O futuro da directora do CNI fica no ar

O Goberno estatal afirma que Paz Esteban, directora do CNI, conta co "apoio" de Pedro Sánchez, se ben non garante a súa continuidade após revelar Moncloa que o presidente e a ministra de Defensa, Margarita Robles, foron espiados con 'Pegasus'.
O único imputado pola desaparición e morte de Déborah Fernández, a súa entrada ao xulgado de Tui. (Foto: Javier Vázquez/Europa Press)
SOCIAL

Declaran dúas novas testemuñas no xuízo de Déborah Fernández

Faltan só catro días para que prescriba a opción de desenvolver novas actuacións no caso, salvo as que teñan que ver co único investigado.
A factoría de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Ence aumenta os seus beneficios en 2022

O encarecemento da materia prima, a celulosa, e a alta demanda dos derradeiros meses: as causas que argumenta Ence para o aumento de beneficios.
Un dos vagóns do tren Alvia que descarrilou en Angrois. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O xuízo polo accidente de Angrois sofre un novo aprazamento

A vista oral, na que está prevista a participación de máis de 700 testemuñas e peritos, comezará o 5 de outubro, xunto coa parte penal, que se desenvolverá até o 3 de febreiro.