Xustiza

Consulta de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Foto: CRTVG).
SOCIAL

O colexio médico denuncia pola vía penal as xerencias de Pontevedra e Vigo pola "sobrecarga" de traballo

O colectivo pretende que "se depuren responsabilidades" polos prexuízos que puidesen "ter as e os colexiados e os pacientes" pola carga asistencial que se soporta actualmente. A parte denunciante asegura que antes de dar o paso ante a Xustiza intentouse unha negociación coas autoridades sanitarias da Galiza.
Traballadores de Alu Ibérica nunha concentración para pedir actuar sobre a factoría. (Foto: Comité de Empresa).
TRABALLO

A Audiencia Nacional acorda o nomeamento dun administrador xudicial para Alu Ibérica

O novo interventor terá que elaborar un informe sobre a situación real da empresa nun prazo de dous meses. A compañía estuda recorrer a decisión.
Roger Torrent, ex president do Parlament de Catalunya. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Torrent, imputado por defender a autodeterminación

A xustiza abre dilixencias contra a mesa do Parlament por permitir o debate.
Vítimas do accidente en abril de 2021 en Madrid. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
SOCIAL

Vítimas do accidente de Angrois denuncian "condutas moi graves que xamais se xulgarán"

No oitavo aniversario da traxedia do Alvia, a plataforma de vítimas e familiares organiza varias actividades reivindicativas. En paralelo, o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, dixo comprender a demanda de explicacións pero afirmou que “neste mundo nin a verdade é absoluta, nin a xustiza é absoluta”. O BNG pediu no Congreso a creación dunha comisión que investigue as circunstancias do sinistro que custou a vida de 80 persoas.
Manifestación en 2019 en Altsasu pedindo a liberdade dos acusados. (Foto: Twitter)
INTERNACIONAL

A Xustiza da UE admite os recursos polo caso Altsasu

A Xustiza da Unión Europea terá a última palabra no caso Altsasu, despois de aceptar dous dos recursos presentados pola falta dun proceso xudicial xusto. As familias dos condenados defenden que "isto quizais sirva para evitar que outras persoas sufran procesos xudiciais desta natureza".
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
INTERNACIONAL

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos investigará se os mozos de Altsasu tiveron acceso a un xuízo xusto

No mínimo as defensas de 2 dos procesados recibiron a notificación de Estrasburgo.

Un dos arrestados é levado a declarar por un axente. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #crime #samuel #samuelluiz #acoruña #asasinato #lgtb #lgtbqi #lgtbqi+
SOCIAL

Miñones ve "posíbel" o delito de odio no crime de Samuel, mais insiste en que "terá que decidilo o xulgado"

O delegado do Goberno estatal na Galiza incidiu este domingo en que a investigación "segue aberta". Polo de agora foron detidas seis persoas, tres delas en prisión provisional.
2016 08 06 ManifaServicarneFrigolouroPorrinho01.grande
TRABALLO

A Xustiza golpea de novo os falsos autónomos de Frigolouro

Un xulgado de Lugo recoñece a relación laboral con Frigolouro de 105 persoas que traballaban nas instalacións de Novafrigsa, ambas as dúas empresas do Grupo Coren.
Plantación de eucalipto nun monte galego. (Foto: Nós Diario) #eucalipto #moratoria #bng #pp #parlamento
SOCIAL

A Xustiza amoesta a Xunta por negar acesso a expedientes sancionadores sobre plantacións ilegais de eucaliptos

Negou esta información a Adega.

Pérez Xácome no pleno no que se enfrontou a unha moción de confianza. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
POLÍTICA

A xuíza detecta indicios de "malversación" no caso dos fondos de Democracia Ourensá

A maxistrada decidiu deixar sen efecto a decisión de sobresemento após un recurso interposto polo ex vicepresidente do partido.
Geert Wilders (Bart Maat / ANP / Dpa)
INTERNACIONAL

A xustiza acurrala a ultradereita en Austria e Países Baixos

Wilders, líder da formación política de ultradereita Partido pola Liberdade (PVV), declarado culpábel por insultar a marroquís. Comeza en Austria o xuízo contra o ex-vicecanciller, Heinz-Christian Strache.
menas vox cartaz electoral
INTERNACIONAL

A xustiza avala o cartel racista de Vox sobre os menores inmigrantes: “Son un evidente problema"

"Con independencia de se as cifras que se ofrecen son ou non veraces, representan un evidente problema social e político”, aseguran os xuíces sobre o cartel electoral de Vox.
Plenario da Asemblea de Parlamentarios do Consello de Europa. (Foto: Europa Press) #catalunya #procés #presospolíticos #consellodeeuropa #europa #sedición
INTERNACIONAL

O Consello de Europa cuestiona a xustiza española

Luz verde ao relatorio que critica a actuación xudicial cos presos políticos cataláns. A calidade democrática do Estado español está no punto de mira de organismos europeos. Se nos últimos anos o Tribunal de Xustiza de Estrasburgo botou abaixo diversas resolucións das instancias xudiciais do Estado, nesta ocasión é o Consello de Europa quen cuestiona os xuíces españois.
Manifestantes nas inmediacións do pazo de Meirás o pasado 10 de decembro (Foto: M. Dylan / Europa Press).
MEMORIA E HISTORIA

Defende Meirás mobilízase este sábado no pazo malia non autorizalo o Estado

O movemento memorialista galego celebra este sábado unha marcha cívica nas inmediacións do pazo de Meirás para reclamar a propiedade dos bens móbeis e exixir o fin da "impunidade franquista". O Estado deu a calada por resposta ante a petición de acceso á finca, mais a manifestación non 
se cancelou.
A popular María Pose, na toma de posesión da acta de edila após as últimas eleccións municipais.
POLÍTICA

María Pose (PP), investigada por prevaricación, recunca na alcaldía de Santa Comba co apoio do PSOE

'Nós Diario' informou a semana pasada en exclusiva da apertura da investigación xudicial.
Xulgados de Ferrol (Nós Diario)
SOCIAL

A actividade xudicial aumentou perto de 12% no primeiro trimestre do ano

Os órganos xudiciais galegos resolveron un 18,5 % máis de casos nos tres primeiros meses de 2021.
Edificio A Parda, xulgados de Pontevedra (Xunta da Galiza)
LINGUA

Só unha persoa entre máis de 6.400 fai a proba de acceso á avogacía en galego

Outra escolleu o euskara e 41 o catalán.

O historiador Carlos Babío (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Absolto o investigador Carlos Babío dun delito contra a honra dos Franco

A familia do ditador acúsárao de delitos contra a honra e intimidade persoal
Concentración contra o desafiuzamento de familias en Vigo (Imaxe: Europa Press).
Primeiro trimestre do ano

Os desafiuzamentos soben na Galiza un 93% mentres as denuncias por ‘okupación’ caen en 50%

Os casos ingresados sobre cláusulas chan aumentaron un 96 % e descenderon un 34 % os pendentes en trámite.

José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza.
star
Transformación dixital e resistencia no ano da Covid-19

Administración da Xustiza: Aumentan un 7% os asuntos abertos nos xulgados galegos

"En materia de Xustiza, a pandemia está superada", afirmou o presidente do Tribunal Superior Xustiza da Galiza, Gómez y Díaz-Castroverde, na presentación da memoria xudicial de 2020. En conxunto, o ano de pandemia supuxo un descenso das denuncias, un aumento dos procedementos en trámite e tamén dos casos resoltos. Porén, a administración da Xustiza proseguiu e comeza a recuperar o tempo perdido, con máis actuacións telemáticas e coa previsión dun incremento de casos nos xulgados do social tras a finalización dos ERTE.