Xustiza

José Blanco
POLÍTICA

O xuíz do Tribunal Supremo pide xulgar a José Blanco por tráfico de influencias

Pide o suplicatorio ao Congreso para procesar ao ex-ministro. Blanco pode recorrer a decisión do xuíz ante a sala Penal do TS, que será quen decida

LINGUA

Callón, absolto por segunda vez após reprochar a un xuíz o uso da forma ilegal 'La Coruña'

O presidente da Mesa sentou dúas veces no banco d@s acusad@s por esta causa, pois o demandante, o ex xuíz decano da Coruña Antonio Fraga Mandián, recorreu a primeira sentenza absolutoria en que até lle recordaban que a forma toponímica que dixo "non ter rubor" en utilizar estaba deturpada

Arnaldo Otegi nun acto público
OPINIÓN

O Tribunal Constitucional di que Otegi ten que seguir entre reixas

O Tribunal español avoga por manter en prisión a Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Arkaitz Rodríguez e Miren Zabaleta mentres se resolve o recurso de amparo que interpuxeron contra a sentenza que os condenou a máis de seis anos de prisión a cada un

GZ VIDEOS
SOCIAL

APDR advirte que acudirá á vía xudicial para impedir que Ence fique en Lourizán

Tres mil persoas manifestáronse perante a factoría de Ence e exixiron a saída da pasteira de Lourizán na Marcha contra celulosas organizada pola APDR. Falamos co presidente da Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra, Antón Masa. Imaxe e vídeo no interior: GZ Vídeos

Lendoiro
DEPORTES

O Deportivo deixa de ser subscritor de La Voz e di que o fai por orde xudicial

Nun comunicado o club coruñés indica que tamén se ve na obriga de “eliminar as comidas oficiais cos clubs que nos visitan”, de se dar de baixa na rede Wifi e de mercar no quiosque a prensa diaria deportiva.

Uruguai
INTERNACIONAL

Milleiros marchan en Montevideo en silenzo para exixir xustiza para vítimas da ditadura

A 18ª Marcha do Silencio, convocada por familiares de desaparecid@s na ditadura militar, volveu reunir a ducias de milleiros para se mobiliar de noite e en silencio contra a impunidade. 

Manifestación d@s afectad@s polas preferentes en Vigo
Galiza

Unha sentenza xudicial obrigará a NGB a devolver 241 mil euros en subordinadas

A sentenza falla en contra da entidade financeira e obrigará a NovaGalicia Banco a reintegrar a maior cantidade coñecida até o momento 

POLÍTICA

O goberno español prevé a redución dos partidos xudiciais a un por provincia

A proposta recolle a supresión da actual demarcación da planta xudicial e a fixación dun modelo que reforza "a provincia como unidade administrativa". Desde o BNG denuncian que a medida responde a un "modelo territorial centralista" que "afasta a xustiza da cidadanía" e vulnera "o dereito á tutela xudicial efectiva"

Galiza

O xuíz interroga ao presidente do Senado polo financiamento ilegal do PP

O presidente do Senado Pío García-Escudero será interrogado no seu propio despacho na investigación do financiamento ilegal do PP, no caso que comezou coa publicación dos papeis secretos de Luís Bárcenas, extesoureiro do partido de Rajoy. Será o primeiro dos seis dirixentes que darán conta en dous días diante do xuíz. 

Feijóo
POLÍTICA

Feijóo amaga con levar deputad@s aos tribunais

O día despois de Yolanda Díaz terlle perguntado se chamou ao Sergas para pedir que non se lle fixera a autopsia a Manuel Cruz, o presidente da Xunta di que está a "reconsiderar" a hipótese de levar aos tribunais aos que, di, se están a rir "dos galeg@s, das institucións, da democracia e do Parlamento".

INTERNACIONAL

'El Jueves' desafía a censura: na última capa, o Borbón 'faille a cama' á Xustiza

En 2007 a Audiencia nacional española ordenou a retirada dunha publicación desta revista satírica en que Felipe de Borbón e Letizia Ortiz practicaban sexo debaixo dun cartaz dos 2.500 euros do cheque-bebé de Zapatero e cun diálogo que dicía: "daste conta? se quedas preñada, vai ser o máis parecido a traballar que fixen na vida"

Aducab
Galiza

Usuari@s das antigas caixas estudan emprender accións xudiciais contra os responsábeis da “desfeita”

Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos (Aducab) analiza en asemblea emprender varias demandas.Hai unha "necesidade que ten a sociedade galega de coñecer que pasou cos 75.000 millóns de euros en activos, nos que estaban valoradas as antigas caixas"

Xustiza sen alcohol

Hai clases. @s que poden tomar substancias tóxicas para manipular unha competición deportiva  son ídolos sociais; quen as toma para o seu propio pracer, un delincuente. Existen amplas sospeitas sobre iso que se dá en chamar “a idade de ouro do deporte español” (vía maior de penetración do centralismo, por certo, malia que logo haxa que ver a algúns nacionalistas galeg@s celebrar intensamente os éxitos da Roja, nun delirio suicida). Ata o Goberno defendeu ao ciclista Contador -botando a culpa a carniceiros vascos, que propio- ou criticou a un programa de humor francés -disparate absoluto- por facer brincadeira sobre o asunto do dóping hispano. Mira se lles vai no asunto. 

ECONOMÍA

A xustiza suspende cautelarmente os 97 traslados de Unisono a Madrid

O Xulgado do Social número 3 de Vigo acordou a suspensión cautelar dos traslados unilaterais acordados por Unínoso, por considerar que pode vulnerar o dereito á tutela efectiva 

LINGUA

Xuízo a Callón: desaloxan a sala após @s presentes denunciaren a "xustiza colonial"

"Sabía usted, señor Callón, que en 2008 el topónimo La Coruña era oficial?". Esta pregunta foi a única novidade no xuízo contra o presidente da Mesa onde a sala foi desaloxada após @s presentes berrar 'xustiza colonial!' contra o demandante, o ex xuíz decano da Coruña Fraga Mandián, quen declarou que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña"

O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina
INTERNACIONAL

A xustiza di que non hai indicios de abondo e suspende a imputación de Cristina de Borbón

O tribunal prégase así ás teses da Fiscalía e Avogacía do Estado, que sempre rexeitaron a imputación da infanta española. Porén, un maxistrado presentou voto particular a prol da imputación

SOCIAL

Stop-desafiuzamentos exixe que a xustiza actúe de oficio para frear os despexos

No escrito entregado nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, a plataforma cidadá recolle os puntos básicos da sentenza do Tribunal superior da UE ditada neste sentido no mes de marzo

O centralismo xudicial de Gallardón

O peor Ministro de Xustiza da historia moderna propón suprimirmos todos os partidos xudiciais de Galicia e concentrar todos os órganos xudiciais en cadanseu Tribunal.

ECONOMÍA

Pescanova recorre a destitución do seu consello decretada polo xuíz

Pescanova presentou un recurso de reposición ante o Xulgado número 1 de Pontevedra contra o auto polo que se afastaba da xestión da empresa ao consello de administración, por entender que non valora axeitadamente as "gravísimas consecuencias" que se derivarían desta decisión

ECONOMÍA

O xuíz declara en concurso a Pescanova e aparta a Fernández de Sousa da dirección

O xuíz decide apartar a Fernández de Sousa da dirección de Pescanova, abrindo así a porta a que sexa a CNMV quen tome as rendas a través da administración concursal