Xustiza

SOCIAL

O TSXG non vai paralizar o despexo de Aurelia: "o problema social é alleo ao xudicial"

O presidente do Tribunal, Miguel Ángel Cadenas, di que "ninguén pode escoller que leis cumprir" e fai extensíbel esta declaración non só á comisión xudicial encarregada da execución hipotecaria, senón tamén a policía local e bombeiros
Leitura do manifesto ás portas do Xulgado
SOCIAL

Greve na xustiza: maxistrad@s e fiscais piden máis “medios, dignidade e independencia”

Perante os xulgados, unha masiva concentración reclamou “diálogo” ao goberno central.
Protesta no Parlamento da Plataforma galega das Artes Escénicas
Galiza

Rojo desvía á Mesa a decisión de denunciar ou non convidad@s expulsad@s da Cámara

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, non quixo pronunciarse sobre se vai denunciar ou non os convidad@s expulsad@s esta semana do Parlamento.
DEPORTES

A xuíza deixa a Lendoiro sen salario e retíralle os poderes económicos

Fontes xudiciais informan de que a xuíza accede á petición do administrador concursal e deixa a Lendoiro sen salario e sen poderes económicos.
Gallardón
SOCIAL

A presión social fai recuar a Gallardón e "modular á baixa" o 'taxazo' xudicial

Após recibir milleiros de queixas da cidadanía, a Defensora do pobo emitiu unha serie de recomendacións que o titular de Xustiza deberá acatar se non quere enfrontarse cun recurso de inconstitucionalidade. O prazo remata o 21 de febreiro
Polígono de Someso
POLÍTICA

O Tribunal de Contas abrirá dilixencias sobre o caso Someso

Asi llo fixo saber esta sexta feira ao grupo municipal do BNG após admitir a trámite o escrito enviado pol@s nacionalistas o pasado mes de xaneiro. O caso Someso custoulle ás arcas do concello da Coruña arredor de 40 millóns de euros. O principal responsábel político é o ex alcalde, Francisco Vázquez.
SOCIAL

20-F: greve na Xustiza contra a "privatización" e a "politización" que persegue Gallardón

Asociacións de xuízas, xuices e fiscais convocaron para finais de mes o segundo paro que estes profesionais realizarán no Estado español, após o de hai catro anos alertando xa da falta de medios persoais e materiais
Álvaro Uribe
Mundo

O Tribunal da Haia investiga a Álvaro Uribe por crimes contra a humanidade

Entre as denuncias, a Fiscalía investiga os máis de 3.000 campesiñ@s asasinados no caso dos 'falsos positivos'.
Urdangarin
INTERNACIONAL

O xuíz embargará bens de Urdangarín e do seu ex socio ao non pagaren os 8,1 millóns

Finalizado o prazo, nin Urdangarín nin o seu ex socio depositaron o pago solidario de 8,1 millóns de euros imposto de fianza polo caso Nóos. O xuíz poderá embargar as súas propiedades
Saída de Baltar dos xulgados
Galiza

Baltar escollía a quen se contrataba e que fosen do PP "era casualidade"

O ex-presidente da Deputación de Ourense rexeitou responder ás preguntas da acusación particular e só contestou ás preguntas do xuíz, o ministerio fiscal e o seu avogado. Asegurou que el mesmo escollía a quen se contrataba e o feito de que fosen do PP "era casualidade".
Urdangarin
POLÍTICA

Urdangarín tentará anular o caso Nóos perante o TC

O avogado do duque vén de presentar un escrito ao xuíz instrutor do caso, José Castro, en que asegura que o seu mandante viu vulnerado o seu dereito á lexítima defensa durante o proceso. O letrado apelará ao Tribunal Constitucional na procura de impugnar e anular o proceso penal arredor do que foi imputado o xenro do Borbón.
POLÍTICA

Cospedal anuncia accións xudiciais

Pasamos do "non consta" ao anuncio de accións xudiciais. O PP nega a información aparecida en El País.
García Revenga
INTERNACIONAL

O xuíz imputa ao secretario das infantas no caso Urdangarín

García Revenga foi membro do patronato e tesoureiro do Instituto Nóos.
Galiza

Novas imputacións a Currás e Conde Roa fan insostíbel a situación do PP en Santiago

A xuíza Ana López Suevos imputa ao aínda alcalde de Santiago, Ángel Currás, e ao seu antecesor no cargo, Conde Roa, por un delito de prevaricación e acoso moral. A instrución é produto dunha denuncia formulada por un policía local. A situación do PP en Santiago tórnase insostíbel.
queremos galego
LINGUA

Queremos Galego valora recorrer na Xustiza a exixencia do Concello de 600 euros por un palco

A Plataforma Queremos Galego non desbota recurrir á Xustiza se o Concello de Compostela non dá marcha atrás na súa intención de cobrarlles 600 euros por poñer un palco na Praza da Quintana co gallo da manifestación do 27 de xaneiro en defensa do idioma
SOS Sanidade pública
SOCIAL

O Superior de Castela-A Mancha paraliza o peche das urxencias nocturnas

O Superior de Castela-A Mancha paraliza a orde de pechar 21 servizos de urxencias nocturas ditada polo goberno que preside Dolores de Cospedal. Na Galiza, o Sergas ten xa unha listaxe cos centros que pretende pechar e recoñece estar a estudar "a súa eficiencia". Os núcleos do rural serían os máis afectados
SOCIAL

O Poder Xudicial ve "inconstitucional" a cadea perpetua encuberta que pretende Gallardón

Até 19 d@s 21 vogais deste órgano entenden que vulnera o artigo 25.1 da Carta Magna ao non facer parte do catálogo xeral de penas nin aparecer ligado a ningún delito concreto no novo código penal que prepara o Ministerio de Xustiza. Tampouco avalaron a custodia de seguridade
Galiza

O BNG leva o caso Someso ao Tribunal de Contas ante a negativa de Negreira a facelo

O BNG resolveu levar o caso Someso -un escándalo urbanístico que envolve a Francisco Vázquez e ao presidente dos empresarios galegos- ao Tribunal de Contas.
DEPORTES

A xustiza levanta o embargo ao Deportivo e admite o concurso

O clube poderá cobrar de Mediapro. A empresa que levará a administración concursal traballou en procedementos polémicos como Afinsa e Fórum Filatélico.
Galiza

'Senlheiro' declara hoxe perante a Audiencia Nacional

H.M. "Senlheiro" agarda nas dependencias policiais de Canillas o interrogatorio e posterior decisión do maxistrado. A concentración de solidariedade celebrada onte en Compostela rematou en pequenas escaramuzas entre manifestantes e dispositivos da policía española.