Adeus ao histórico porteiro galego Miguel Ángel

Loito no fútbol galego polo falecemento aos 76 anos de idade dun xogador histórico, Miguel Ángel González Suárez, quen en decembro de 2022 revelaba que padecía Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Nado en Ourense en 1947, este "galeguista", segundo explicaba o xornalista Afonso Eiré para Vía Galega no 2021, participou en dous mundiais (1978 e 1982) e defendeu as cores do Real Madrid entre 1968 e 1986.
 
Hai dous anos, en decembro de 2022, anunciou que padecía ELA. (Foto: Europa Press).
photo_camera Hai dous anos, en decembro de 2022, anunciou que padecía ELA. (Foto: Europa Press).
Comentarios