Feixoo reune esta cuarta feira todos os deputados e senadores do PP antes da constitución das Cortes

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, convocou os deputados e senadores do seu partido a unha reunión esta cuarta feira pola tarde no Congreso, un día antes das sesións constitutivas desa Cámara e do Senado, previstas para a quinta feira. Esta será a primeira reunión do líder do PP con todos os seus parlamentarios tras as eleccións xerais do 23 de xullo e mentres se desenvolven as negociacións para a elección da Mesa do Congreso e a Presidencia da Cámara Baixa. A incógnita sobre quen presidirá o Congreso pode manterse ata o último momento xa que Junts convocou unha comisión executiva telemática para decidir a posición do partido na votación da Mesa do Congreso dos Deputados.

Alberto Níñez Feixoo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
photo_camera Alberto Níñez Feixoo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Comentarios