Un incendio afecta varios coches e provoca danos na fachada dun edificio de Vila de Cruces

Un incendio afectou tres coches e provocou danos na fachada dun edificio da localidade de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo informa o 112, o lume causou danos materiais nos estantes máis próximos ao exterior do baixo comercial, que se viu tamén danado pola calor. Igualmente, rebentou parte da fachada e o fume afectou á xanela do primeiro piso. Pouco antes das 2:30 horas da pasada madrugada, un particular contactou co 112 Galiza para explicar que estaba a arder un coche na Rúa Soto,. Á beira, había un edificio e máis vehículos estacionados. Pouco despois, outros particulares chamaron ao 112 Galiza para explicar que o lume se propagara a outros dous coches e que xa afectaba á fachada do edificio máis próximo.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
photo_camera Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Comentarios