Un menor resulta ferido nun incendio na Laracha

Un menor resultou ferido esta sexta feira nun incendio na vivenda da súa familia no Concello da Laracha. O menor foi trasladado ao centro de saúde con lesións na cara. Segundo informou o 112, pasadas as 8 horas, o servizo recibiu a chamada dunha muller que pedía axuda urxente por un incendio na súa vivenda. O domicilio atópase no lugar de Campo da Ran, en Erboedo. Así, acudiron os Bombeiros de Carballo, Garda Civil e Protección Civil da localidade. Tamén os profesionais de Urxencias Sanitarias-061, aínda que o menor ferido foi evacuado pola súa propia familia ao centro de saúde da localidade. Presentaba queimaduras na cara debido ao lume que se formou nun cuarto do primeiro piso da vivenda, que, quedou danado tanto polo incendio como polo intenso fume producido.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
photo_camera Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Comentarios