“Anacos”de Xacio Baño faise co Premio Especial do Xurado de Málaga

A curtometraxe Anacos de Xacio Baños ven de acadar a Biznaga de Prata, Premio Especial do Xurado na XIII edición do Festival de Málaga.

 

A curta do realizador galego Xacio Baños (Xove, 1983) ven de ser galardoada coa Biznaga de Prata, Premio Especial do Xurado no Festival de Málaga que fixo público o seu palmarés a última hora do venres.  A obra de Baños fora xa recoñecida no Festival Internacional das Palmas coa Mensión Especial do Xurado.

Anacos ten unha duración de 6 minutos e conta no reparto con Mabel Ribera, Fernando Morán e Xosé Barato. Trátase da cuarta curtometraxe de Baños despois de Quentefrío (2009), Relación de Acordes (2009) e Estereoscopía (2011) . A curta foi gravada no Concello de Cambre. Na sinopse da peza, o director, guionista e productor, Xacio Baños, sentenza quea vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela como a súa receita de biscoito. Responde o lema ao que ao episodio persoal deixa escrito no seu blog cando evoca que seu avó, nunha xornada de traballo no monte, lle dixera: Arreglar a casa, comprar uns montes e estudar aos fillos. Aí vai a vida dun home. O autor completa a lembranza coa súa impresión, que está agora na base da curta premiada: Aterroume. Como pode un home de 75 anos resumir a súa existencia en dúas liñas?.

Máis en Arte imaxe patrimonio