O Festival de Música e Baile Tradicional
Carballo
Praza do Concello
Sexta feira
22.00
Péchase a programación do Verán Cultural cun festival que reúne no escenario algunhas das agrupacións folclóricas con máis historia do municipio.
II Extruga Street
Verín
Skatepark
Sexta feira e sábado
Este festival de skate inclúe actividades como concertos, exhibicións, obradoiros, feira, exposicións e proxeccións audiovisuais para todos os públicos.
IV Festival Intercéltico O Son do Pazo
Mos
Pazo de Mos
Sexta feira e sábado
O Pazo de Mos acolle os días 31 de agosto e 1 de setembro o IV Festival Intercéltico O Son do Pazo. Na sexa feira contarán coas actuacións de Airiños do Castelo, Leilía e H2 Folk. Xa o sábado subirán ao escenario Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, Backwest Irlanda e Andoa e a Banda de Gaitas Airiños do Castelo.
Encontro de cineastas V Chanfaina Lab
San Sadurniño
Casa da Cultura
Toda a fin de semana
Desde as 10.00h
O Chanfaina Lab, referente da creación alternativa na Galiza, volve con 27 cineastas que durante a fin de semana do 1 e o 2 de setembro se ocuparán de reflectir a zona de San Sadurniño. Ademais, tamén contarán con coloquios e obradoiros relacionados co proceso de produción e realización cinematográfica en distintos soportes.
Meninas de Canido
Ferrol
Barrio de Canido
Toda a fin de semana
Unha edición especial das Meninas de Canido para festexar o seu décimo aniversario, nunha programación que reúne pintura, fotografía mais música.
Roteiros Literarios
Vilagarcía de Arousa
Sábado
De 11.30 a 13.00
Un percorrido con Marcos Calveiro por Vilagarcía de Arousa, a través da obra O xardineiro dos ingleses. É preciso inscrición previa en [email protected].