Nas últimas semanas transcenderan outros nomes que optaban á distinción, entre eles o da poeta Xela Arias e o do tradutor Plácido Castro. Mais, finalmente, as académicas e académicos decidirán só entre Fraguas e Carvalho.
A candidatura do primeiro, nado en en Cerdedo-Cotobade en 1905 e morto en Compostela en 1999, foi impulsada polos numerarios Andrés Queiruga, Francisco Díaz-Fierros, Pegerto Saavedra e Salvador García Bodaño. A do autor de Scórpio, nado en Ferrol en 1910 e morto en Compostela en 1990, por Xosé Luís Axeitos, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Fernández Rei, Manuel González, Chus Pato, Manuel Rivas Barrós, Xosé Luís Regueira e Euloxio Ruibal.
O prazo para presentar candidaturas —que deben ir avaladas por un mínimo de tres membros numerarios da institución— fechou o pasado 25 de xuño.
Nota: nunha primeira versión da noticia faltaba o nome de Manuel Rivas entre os académicos que promoven a candidatura de Carvalho Calero.