A Academia do Audiovisual edita un decálogo pola igualdade de xénero

A Academia Galega do Audiovisual acordou na súa última asemblea xeral ordinaria o seu Decálogo de Igualdade de Xénero. O documento recolle “os compromisos” da asociación “a prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres”.
 

mestre mateo2
photo_camera Imaxe da gala dos premio Mestre Mateo de 2016.

O texto quere promover “unha imaxe non sexista do home e da muller” nos contidos que xere a institución. Ademais, procura “prestixiar o traballo das mulleres”, “incluír a perspectiva de xénero” nos informes que elabore e redactalos en “linguaxe non sexista” ou “deseñar protocolos axeitados para dar resposta ás situacións de acoso no eido audiovisual.

Ademais, a academia radografará o sector para analizar a situación laboral da muller. E nos seus actos, galas e órganos -xuntas directivas ou premios Mestre Mateo, por caso- haberá, como mínimo unha representación mínima e máxima 40/60.

Para que os obxectivos do decálogo arriben a porto, a Academia Galega do Audiovisual -“asociación sen ánimo de lucro que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual galego”, segundo define a súa páxina- constituirá unha “comisión de igualdade que impulse e faga un seguemento do cumprimento desta e outras accións a prol da igualdade”.

Máis en CULTURA
Comentarios