O próximo 20 de abril, os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas, chegarán á cidade lusa de Braga para celebrar unha nova edición da súa gala, no Auditório Espaço Vita, ás 21.30 horas.
Será a primeira vez que esta gala se realiza en Portugal, onde o evento aspira a ter continuidade. No país luso reside aproximadamente a metade do público que segue esta iniciativa.
Congreso Internacional de Estudos Galegos,
A gala coincidirá coa clausura do Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se celebra na cidade entre o 17 e o 20 de abril, e formará parte do seu programa social. O evento consistirá nunha reedición da gala 2023, en que foron galardoadas as galegas Fillas de Cassandra e Arancha Nogueira, así como os portugueses Retimbrar, María Isabel Fidalgo e a Associação José Afonso.
Ademais a gala contará coa colaboración especial da cantora, acordeonista e compositora alentejana Celina da Piedade.
aRi[t]mar é un proxecto didáctico cultural que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países.