Batucada en defensa da cultura

Despois de concentracións, manifestacións, escrachos ou manifestos, chega á hora da batucada para defender a cultura galega. Será o día 28 de abril no que grupos de percusión camiñarán desde a Alameda á Praza da Quintana de Compostela como unha maneira nova de se opoñer ao desmantelamento da nosa cultura.

 

Trópico de Grelos
photo_camera Trópico de Grelos

A mediodía do día 28 sairá da Alameda de Compostela o desfile de batucada para o que están convidadas as asociacións, Aperta, Bloquinho de Xermolos, Perqtores, Kilomberos de Montealto, Gostosso Pa, Axé Percusión, Bate no cobre, Cencerro Negro e Tópico de Grelos, alén de distintas escolas de percusión, grupos afeizoados e persoas do mundo da danza. A batucada soará desde a Alameda até a Praza da Quintana onde rematará a manifestación ás 12:00 coa lectura dun manifesto. 

Cen percusionistas confirmaron xa a asistencia a esta macrobatucada que ten un dobre obxectivo, por unha banda que a xente goce co espectáculo e pola outra reivindicar "a necesidade de que a cultura sexa unha fonte de riqueza e crecemento accesíbel para todas as persoas". 

Máis en CULTURA
Comentarios