París 2024

Así queda o medalleiro olímpico: consulta os resultados completos

Finalmente os Estados Unidos adiantan China e fican á cabeza do medalleiro de París 2024.
Medalleiro completo sobre unha imaxe da cerimonia de clausura deste domingo. (Foto: Michael Kappeler / DPA vía Europa Press)
photo_camera Medalleiro completo sobre unha imaxe da cerimonia de clausura deste domingo. (Foto: Michael Kappeler / DPA vía Europa Press)

Foi unha batalla axustada até o final e que se decidiu este mesmo domingo, último día destes Xogos Olímpicos, pero finalmente os Estados Unidos adiantan China e fican á cabeza do medalleiro de París 2024... iso si, cos mesmos ouros: un total de 40 en cada caso. Porén, a delegación estadounidense obtivo máis pratas e bronces que a chinesa, polo que garante ese primeiro posto no desempate.

As e os deportistas da Galiza, se contamos os nados noutras partes do Estado español pero que compiten con licenza galega ou son considerados pola Xunta deportistas galegos de alto nivel (DGAN), obtiveron un total de cinco medallas de bronce —en Toquio foran tres pratas e tres bronces—, ás que se engaden outros once diplomas olímpicos.

Comentarios