Denuncian no Seprona un ‘espolio’ a cargo de ‘caza-tesouros’ no xacemento viveirense de Estabañón

Mariña Patrimonio, Pensamento e Semeteira, e Adega lamentan que a ausencia de protección para un lugar arqueolóxico tan importante “é un reclamo” para os ladróns do patrimonio.

Estabañón patrimonio viveiro

As entidades Adega, Mariña Patrimonio e Pensamento e Sementeira presentaron perant o Servizo de protección da natureza da Garda Civil unha denuncia por un “posíbel espolio” no xacemento arqueolóxico de Estabañón, situado na praia de Area, no Concello de Viveiro.

Os colectivos lamentan que, “máis unha vez”, este emprazamento no que se atopa unha vila-factoría tardorromana e, sobre esta, unha vila medieval foi albo da acción dos “caza-tesouros”. Desta volta, explican, centraron as súas actuacións na área na que o Servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambiente realizara unha cata arqueolóxica hai 8 anos. “Sen dúbida, un xacemento importante coma este, sen ningún tipo de protección, con catas abertas e con material arqueolóxico á vista, constitúe un reclamo para os furtivos do Patrimonio”.

Descuberto a comezos da década dos 50

En 1951, tras un forte temporal, sae á luz o xacemento de Estabañón na praia viveirense de Area. Este xacemento estivo a piques de ser destruído en 1996 por Costas coas obras do paseo marítimo; porén, a actuación de Patrimonio, paralizando as mesmas, evitou a súa destrución. En 2007 Costas realiza catas e confirma a gran importancia deste sitio arqueolóxico, no que se atopa unha vila-factoría tardorromana e, sobre esta, unha vila medieval.

Máis en CULTURA
Comentarios