O concerto ao vivo en Santiago, a butaca en... Ourense?

En calquera lugar e a calquera distancia. O Taller Atlántico Contemporáneo ofrece un ciclo de concertos virtuais que se desenvolven en Compostela ao vivo e se retransmiten, en streaming, a calquera espazo público do país. A música soa en todos os lugares ao tempo e o concerto ten varios públicos simultaneamente. Cadaquén na súa butaca, en concellos diferentes. 

Nacen os concertos virtuais a través da rede, a novidade? Retransmítense en directo en salas, teatros ou outros centros ao tempo que se celebran en Compostela. A pioneira proposta do Taller Atlántico Contemporáneo ofrécese a todos os concellos do país e mesmo a outras entidades que se queiran sumar a esta experiencia colectiva do concerto partillado que se produce en directo no Teatro Principal de Santiago máis se goza en calquera parte. A proposta inclúe cinco concertos, a celebrar entre xaneiro e maio do próximo ano ao que a organización o institución que quixera se pode abonar a un prezo módico co que podería programar o concerto na súa axenda cultural. 

Con Cadaval, Carlos Blanco ou Julián Hernández

Non serán só música. En canda un deles, artistas como Quico Cadaval, Carlos Blanco ou Julián Hernández terán peso no escenario ocupándose tamén do papel de “mestre de cerimonia”. Títulos coo  "A historia do soldado" de Igor Strawinsky, "A ópera de catro notas" de Tom Johnson, con posta en escea de Quico Cadaval, ou as "Folk songs" de Luciano Berio.”Música clásica moderna de máxima calidade á maior cantidade de público posíbel” din na súa proposta na que fan fincapé na boa acollida que está a ter un proxecto que se desenvolve por vez primeira na Galiza. O aproveitamento das novas tecnoloxías para a programación cultural está na base desta nova iniciativa TAC 3.0 pola que entidades ou pequenos concellos poderán programar da mesma maneira que o histórico teatro da capital galega mais a moi baixo orzamento. 

O prazo de inscrición ábrese do 1 ao 18 de outubro a través do correo [email protected].

Máis en CULTURA
Comentarios