A editorial Hércules sacou unha segunda edición do libro de Alfonso Eiré 'O Piloto, o último guerrileiro' após se esgotar en tres meses os 1.500 exemplares da primeira.
Desde a editorial parabenízase do que consideran que é “un dos éxitos editoriais galegos deste verán, sendo un dos triunfadores das distintas feiras do libro”. Eiré está satisfeito coa acollida mais sobre todo porque “unha figura, descoñecida para moitos, xa está na memoria dos galegos, pero, sobre todo, porque aqueles que o coñeceron, o trataron, así como os seus deudos se mostran orgullosos da resistencia galega contra o Franquismo”.
Antes de finalizar o ano, Hércules de Ediciones poñerá no mercado unha tradución deste libro ao castelán. A tradución castelá de O Piloto será presentada nas principais capitais da península Ibérica.