A vitalidade da música de bandas no país quedará á vista neste fin de semana, cando en Compostela se reúnan arredor de mil músicos e músicas para partillar do VI Certame Galego de Bandas. Durante tres días desenvolverase un programa de concertos coas bandas clasificadas en tres seccións, segundo o número de participantes.
Fallarase tamén o Concurso de Composición e a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas, composta por músicas e músicos das distintas bandas da Federación encargarase de estrear as obras gañadoras desta edición.
Máis información no n. 24 de Sermos Galiza e na páxina web da Federación Galega de Bandas .