Menchu Lamas e Soledad Penalta ingresan na Academia de Belas Artes

A pintora Menchu Lamas e a escultora Soledad Penalta ingresaron este sábado 26 de maio na Academia Galega de Belas Artes. A súa entrada implica “un paso adiante” na feminización da institución.
 

menchu lamas e soledad penalta
photo_camera A pintora Menchu Lamas (esquerda) e a escultora Soledad Peralta. Foto: Xurxo Lobato.

Menchu Lamas (Vigo, 1954) é un dos nomes fundamentais da pintura galega contemporánea. Membro destacado do Grupo Atlántica, a súa pintura é primitivista, con aires figurativos e un expresivo uso da cor. A súa obra está presenta nas coleccións dos prinicipais museos galegos e do Estado español.

Soledad Penalta (Noia, 1943) é unha escultora cuxa materia de preferencia é o ferro, o aceiro.  

A Academia, con sede na rúa Pintor Souto Maior, constituíse en 1849. Manuel Quintana Martelo é o seu actual presidente.

Máis en CULTURA
Comentarios