Un parque en Compostela para Begoña Caamaño

O BNG require que o Concello de Santiago designe o parque tras os Xulgados das Fontiñas co nome da escritora.

Begoña Caamaño
photo_camera Begoña Caamaño

O BNG rexistrou un rogo para facer un chamamento aos diferentes grupos políticos da Corporación para acordar as denominacións das rúas, prazas, parques e espazos públicos de Santiago de Compostela. Unha iniciativa para, sinalan @s nacionalistas, “dignificar persoas da cidade e de todo o país”.

“Así, de maneira directa, queremos pór un nome enriba da mesa arredor do que había conversas previas para designar o parque de detrás dos Xulgados das Fontiñas co nome de Begoña Caamaño”, sinalou a concelleira Goretti Sanmartín. “Xornalista, escritora, feminista e activista cultural, Begoña Caamaño destacou como veciña pola súa implicación no movemento asociativo e, con esta iniciativa, o BNG propón a organización dun acto institucional na súa lembranza”.

Para o Bloque, os nomes que se propoñan para facer unha listaxe para todo o mnadato e 'bautizar' así rúas, parques e prazas... deben atender a unha serie de criterios: “Deben axudar a construír unha conciencia social xusta, respectuosa cos dereitos humanos, con valores democráticos, da historia da cidade e de recoñecemento do pobo galego”.

Comentarios