Pesar na música tradicional polo falecemento de Santiago Caneiro

Foi promotor e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos e un dos grandes dinamizadores da nosa música, desde a recompilación de pezas con gravacións de campo até o impulso de asociacións de base. 

santiago caneiro Foto de AGG
photo_camera Foto de AGG

Santiago Caneiro Aneiros faleceu aos 58 anos de idade e deixa un profundo pesar na cultura galega, nomeadamente na relacionada coa música tradicional á que dedicou a súa vida. Foi promotor e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) e da Banda de Gaitas de Narón. “Un dos bos e xenerosos que deu a Nosa terra, adicou a súa vida á música tradicional, en multitude de tarefas, facendo gravacións de campo aos nosos vellos, impulsando asociacións culturais de base, grupos de Gaiteiros, de pandeireteiras, bandas de gaitas, escolas de musica tradicional, facendo foles de gaitas, mellorando os instrumentos de percusión, empresas de xestión cultural, sempre con humildade e de xeito altruista”, salientan desde a AGG:.

A capela ardente permanecerá no Tanatorio Artabria, (A Gándara, Narón) na Sala 8 ata esta terza feira as 18.30h. cando se fará a saída cara ó cemiterio Pantín, Valdoviño.

Máis en CULTURA
Comentarios