Poesía "lunática" para pechar o ano

Para pechar o ano, os Picaversos visitan a poesía lunática, a trastornada, a rara. O canon queda fóra desta xornada onde romper a norma, fuxir do uso corrente e deixarse levar polos influxos do astro da noite será o único código. Fóra das marxes buscan estar na última sesión do programa poético coordenado por Branca Novoneyra e Olalla Cociña.
Xesús de Ron
photo_camera Xesús de Ron

Como convidadas "lunáticas" para a última noite dos Picaversos están as poetas Mariña Pérez Rei e Ana Gorria xunto co actor e director Xesús Ron. Serán protagonistas da última sesión dos Picaversos que terá lugar esta terza 11 no Modus Vivendi de Compostela a partir das 21.00 horas. 

Mariña Pére Rei é autora do libro Fanerógama que lle valeu o Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía, Canícula pola que gañou o Lueiro Rei e Costa necrópole que mereceu o Antón Avilés de Taramancos de relato de aventuras. Alén destes tres títulos, na súa bibliografía figuran tamén os libros de poesía Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante e Paquidermo de poesía e a novela Contrapicados. Crítica e poeta é Ana Gorría, que conta nos seus libros con Clepsidra, De lo Real y su contrario ou El presente desnudo, nun traballo poético en que entra en comunicación coa música ou as artes plásticas. Xesús Ron é un dos nomes máis coñecidos do mundo teatral galego desde o grupo Chévere ademais dun singular dinamizador cultural do que naceron proxectos radicais para a escena galega. 

Picaversos pechan así un ano en que continuaron a desenvolver a súa actividade co obxectivo de "visibilizar a poesía fóra do eido exclusivamente literario e ampliar o seu público".

Máis en CULTURA
Comentarios