Profesionais da arquivística debaten na Coruña sobre transparencia

As 'I Xornadas Olga Gallego' decorrerán o 2 e 3 de outubro na Coruña, e entre outras cousas,  analizarase a necesidade de centrar un debate sobre o dereito ao acceso da información dos documentos en poder das administracións públicas vixentes.

A Coruña acollerá a profesionais da arquivística nunha cita organizada pola Fundación Olga Gallego, e que decorrerá os días 2 e 3 de outubro. Son as 'I primeiras Xornadas de Arquivos Olga Gallego', e realizaranse unha serie de debates e actividades baixo o título 'Transparencia “versus” Corrupción. Os arquivos e a democracia'. A súa finalidade é crear “un espazo de diálogo permanente cos profesionais de Galiza” e outros territorios “para facilitar o intercambio de pensamentos e experiencias”.

“A transparencia será o tema principal.”, din os organizadores. “Na cita abordarse a recente Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Un debate sobre a actualidade que trata de iniciar o panorama político e administrativo español. Un camiño que outros países percorreron hai tempo”.

A Fundación Olga Gallego nace en honor a esta arquiveira galega da que toma o seu nome (Ourense, 1923 – 2010) e que é referente para o estudo da historia social da provincia de Ourense entre os séculos XIV e XIX. Olga Gallego, arquiveira, docente e historiadora, de amplo e recoñecido percorrido profesional. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e a primeira muller en ser aceptada na Real Academia Galega.

Comentarios