Revenidas pechou a súa XII edición batendo marcas: máis de 12.000 asistentes

Os organizadores salientan que “o festival confírmase coma unha das citas musicais imprescindibles de Galiza”.

Hora de facer balance do Revenidas 2015, o festival que durante tres días convertiu Vilaxoán nun volcán de música, festa e convivio aos pés da Ría de Arousa. A organización cifra en máis de 12.000 as persoas que asistiron a esta XII edición, o que supón batir as marcas de anos anteriores. “Satisfacción xeral e profesionalidade son as sensacións que se desprenden logo dunha festa que pasará á historia desta vila mariñeira”, afirman.

Destacan que non se cancelou ningún concerto e que non se produciron incidentes de ningún tipo. “Queremos agradecer publicamente aos máis de cen profesionais que fixeron posible esta exitosa edición do Festival”. O cartaza desta edición, ademais, foi de luxo: Soja, Nao, Banda Bassotti, Zoo, Heredeiros da Crus, Chikos del Maíz, Terbutalina... O que notou na afluencia de xente, na calidade dos concertos e na implicación do público.

Comentarios