Que facer?

Volta o Festiclown a Vilagarcía de Arousa

Festiclown 2016
photo_camera Festiclown 2016

Sexta Feira e Fin de Semana

Buño

Mostra da olería de Buño: Evento que nos amosa a tradición oleira desta localidade, adobiada con programación cultural para todas as idades.

Ordes

Desordes Creativas: Volve o Festival Internacional de Arte na Rúa que integra intervencións na vila e un festival musical -Desordes Sonoras- o sábado 12.

Ponteareas (até o 18 de agosto)

Festivalgroba: A terra de Rogelio Groba acolle unha nova edición deste festival de música de cámara que xa se consolida e se internacionaliza.

Vilagarcía (até o 15 de agosto)

Festiclown: O maior evento do mundo do clown volve á cidade arousá con artistas de todo o planeta e cun ambicioso programa de formación e unha gala solidaria infantil.

Sábado

Palas de Rei

Roteiro Homenaxe: Adega e Eira da Xoana organizan este roteiro por Palas de Rei e Toques, en memoria ás vítimas da represión, cun xantar popular e actuacións musicais.

Domingo

Vilagarcía

Rockin'Vila: Outro festival de rock, que conta cun cartel no que están os Ruxe Ruxe,
Medomedá, The Skarnivals, Mafalda e outros.

Máis en CULTURA
Comentarios