O Celta cae en Mestalla (3-2)

Aos celestes faltoulles claridade para encarrilar o partido fronte a un Valencia que xogou con decisión e convición.

celta valencia
photo_camera Imaxe: RC Celta

O Celta caeu en Mestalla (3-2) fronte a un Valencia que xogou un dos seus mellores partidos da tempada. O Celta apostou polo control e posesión da bola, estilo marca da casa, mais non foi quen de atopar o seu fútbol. Adiantouse no marcador e, após os dous goles do Valencia, foi quen de remontar. Mais non selou o triunfo. `Toto’ Berizzo recoñeceu que unha vez logrado o empate a douses e a dez minutos do fin do encontro “fomos a polo 2-3 en vez de protexernos e pagámolo. Vai na filosofía do equipo”.

O Valencia saíu ao campo como un lóstego, intentando arrinconar o Celta e marcar territorio desde o primeiro segundo. Os celestes aguantaron a embestida e mesmo se adiantaron no marcador no minuto 15 cun gol de Cabral. O partido era espeso, cun Celta que non era quen de rematalo cun novo gol. Aproveitou o Valencia e empatou na recta final da primeira metade. E adiantouse  andando a segunda parte. Aspas empatou de penalti. Mais un golazo de Soler, no munuto 85, deu a vitoria os valencianos.

O Celta deixa escapar tres puntos e afástase un pouco máis das posicións europeas. Está agora a 8 puntos da sétima praza e fican nove partidos por diante.

Ficha técnica

Valencia (3): Alves, Cancelo, Garay, Mangala, Siqueira (Latorre, min.65), Enzo Pérez, Carlos Soler, Parejo, Munir, Zaza (Santi Mina, min.70), Orellana (Medrán, min.86).

 Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Wass (Hjulsager, min.73), Radoja, Pablo Hernández, Beauvue (Rossi, min.73), Bongonda (Jozabed, min.65), Aspas.

 Goles: 0-1, min.15: Cabral; 1-1, min.37: Parejo; 2-1, min.67: Munir; 2-2, min.80: Iago Aspas, de penalti; 3-2, min.85: Soler.

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amoestou Orellana (Valencia); Bongonda (Celta).