París 2024 | Atletismo

A kenyana Beatrice Chebet imponse nos últimos metros para levar o ouro nos 5.000m

O ouro no 8.000m feminino foi para a británica Keely Hodgkinson.
Beatrice Chebet cruzando a meta seguida de Faith Kipyegon, que foi descualificada. (Foto: World Athletics)
photo_camera Beatrice Chebet cruzando a meta seguida de Faith Kipyegon, que foi descualificada. (Foto: World Athletics)

Final espectacular da kenyana Beatrice Chebet na final do 5.000m feminino desta segunda feira que puxo en pé o Stade de France. O pelotón chegou moi parello até a última volta, cando Chebet e a súa compatriota Faith Kipyegon pisaron o acelerador para distanciarse na recta final e acabar cruzando como primeira e segunda a meta.

Porén, Kipyegon foi descualificada por un encontrón durante a proba coa etíope Gudaf Tsegay, que non obtivo o mesmo castigo. A prata foi finalmente para a neerlandesa Sifan Hassan e o bronce, para a italiana Nadia Battocletti.

Previamente disputouse a final feminina dos 800m, unha carreira na que resultou vencedora a británica Keely Hodgkinson, acompañada no podio, por esta orde, pola etíope Tsige Duguma e a kenyana Mary Moraa.

Máis en DEPORTES
Comentarios